InicioECONOMÍA"Estaban avisados", di a empresa que despediu aos homes que auxiliaron a...

“Estaban avisados”, di a empresa que despediu aos homes que auxiliaron a Samuel Luiz

Publicada o

Por editor

A empresa que contratou aos dous homes que auxiliaron a Samuel Luiz alega causas económicas e produtivas para o seu despedimento e, en particular, necesidade de empregados “máis cualificados”, segundo sinalou un portavoz da mesma a Europa Press. Faino tras a denuncia da CIG de que foron despedidos tras coller vacacións.

Así, apuntaron que o despedimento obedece á necesidade de “traballadores máis cualificados” e ao non ser estes dous homes, segundo expuxeron, “polivalentes”, dixeron en relación ao uso de distintas máquinas na empresa.

Estaban avisados, non foi un caso de última hora“, manifestaron tamén rexeitando que non houbese un aviso previo ou que o motivo fose que collesen vacacións. Ademais, recalcaron que se lles pagou “o que lles correspondía”.  Tamén argumentaron que a empresa actuou de “boa fe” coa súa contratación e que se lles tentou axudar para conseguir outro traballo”, apostilaron.

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here