InicioPOLÍTICASabes o que cobran os alcaldes da Coruña, Oleiros, Culleredo e Arteixo?

Sabes o que cobran os alcaldes da Coruña, Oleiros, Culleredo e Arteixo?

Publicada o

Por editor

O Ministerio de Facenda fixo públicos os soldos dos rexedores galegos en 2021, un ano no que os alcaldes de Pontevedra e Vigo, Miguel Anxo Fernández Lores (71.639 euros) e Abel Caballero (71.412 euros), percibiron as maiores cantidades. Pola súa banda, unha ducia de rexedores de pequenos municipios non cobran polo seu cargo municipal, mentres hai 31 concellos que non ofrecen datos, entre eles Ourense, que dirixe Gonzalo Pérez Jácome.

No caso da Coruña, a súa rexedora, Inés Rey  é unha das que máis cobra, 69.218 euros, por riba da de Lugo, Lara Méndez (68.796 euros); Santiago, Xosé Sánchez Bugallo (52.454 euros); e Ferrol, Ángel Mato (40.000 euros). Todos eles percibiron polo seu cargo municipal salarios similares aos do anterior exercicio.

Máis aló das sete cidades, os alcaldes que perciben máis de 50.000 euros superan a ducia. Todos cobran máis que o rexedor de Ferrol e algúns máis que o da capital de Galicia. Entre eles, o de Oleiros, Anxo García Seoane (58.572 euros), Culleredo, José Ramón Riobóo (56.683 euros) e Arteixo, José Carlos Calvelo (56.604 euros). Pola súa banda, o de Cambre cobra 32.000 euros brutos.

Mentres, os salarios dos presidentes das deputacións galegas en 2021 foron os seguintes: Pontevedra, Carmela Silva (77.621 euros); A Coruña, Valentín González Formoso (72.953 euros); Ourense, Manuel Baltar (72.325 euros); e Lugo, José Tomé (68.914 euros), quen tamén percibe 7.700 euros polo seu posto de alcalde, segundo datos de Facenda.

ÚLTIMAS

Olladas doutro tempo: Campo da Derruba

1880 é a data na que se tomou esta fotografía. Se quixeramos acadar o mesmo...

A retirada da narcolancha varada na praia de Nemiña, pendente da chegada dun guindastre máis potente

A planadora varada onte na praia de Nemiña, Muxía, permanece na mañá deste venres...

Comezan as expropiacións para executar a Torre Polivalente do ‘Novo Chuac’

O Goberno galego deu luz verde ao decreto polo que se declara a utilidade...

‘Picasso branco no recordo azul’, unha mostra na Coruña para reivindicar a súa etapa galega

O Museo de Belas Artes da Coruña acolleu este xoves a inauguración oficial da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here