InicioMOV. SOCIAISA CTNL presenta 8 interesantes vídeos do LGx15 sobre o futuro da...

A CTNL presenta 8 interesantes vídeos do LGx15 sobre o futuro da nosa lingua

Publicada o

Por editor

A Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística vén de publicar na súa canle de Youtube as intervencións da oitava edición do foro LGx15, celebrado o pasado outubro.

Un evento que se nomeou “Ideas para o futuro da lingua” e que deixa 8 interesantes intervencións sobre a nosa lingua, que tamén recollemos aquí:

 

Elsa Quintas Alborés, avogada e vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, abordou na súa intervención os dereitos que temos como galegofalantes, que ás veces non exercemos, a e súa experiencia no exercicio da avogacía na nosa lingua. Animou a empregar o galego mesmo cando nolo impidan, para reforzar e aumentar os nosos dereitos.

 

 

Guido Álvarez Parga, turismólogo, guía e docente, relatou a súa relación vital coa lingua galega e o seu uso no ámbito do turismo, onde recibe boas críticas precisamente por empregala con regularidade. Á viaxeiras e viaxeiros gústalles coñecer o noso territorio a través do noso idioma.

 

Pradorua e Fabiana Ambroa Ibarruri, parella lingüística do programa Elos (Departamento de Lingua do Concello de Santiago de Compostela), mostraron sobre o escenario da Sala Capitol as potencialidades deste proxecto, que permite que persoas non galegas se integren e aprendan a nosa lingua coa axuda de galegofalantes. Unha experiencia digna de coñecer e reproducir.

 

Pedro González Boquete, director executivo de Leite Noso, falounos da importancia que ten a lingua na responsabilidade social corporativa da marca Deleite, que se demostra na etiquetaxe, na comunicación e no apoio ao sector cultural galego.

 

Fátima Barros, estudante de medicina e divulgadora, prescribiu a necesidade de comunicar ciencia en galego a través das redes sociais para compensar as dificultades á hora de introducir contido científico en galego no ámbito educativo.

 

Isaac González, enxeñeiro e docente, botou man das ensinanzas da intelixencia artificial para propor tres estratexias que debemos levar a cabo no presente para mellorar o futuro do idioma: máis exposición a contidos en galego, aproveitar as oportunidades do portugués e non desprezar a necesidade de coñecer a lingua global.

 

Beatriz Busto Miramontes, antropóloga e pedagoga musical, analizou a representación dos galegos e da nosa lingua a través do NO-DO. Proponnos sermos conscientes desa imaxe folclorizada e traballarmos para superala e construír outra idea do que somos, libre de prexuízos.

 

 

Olalla Maneiro, de Tanxugueiras, describiu con orgullo a sorte de ter o galego durante toda a súa vida como lingua de relación, aprendizaxe, xogo… Un superpoder, como ela describe a lingua, que nos identifica e nos fai estar no mundo.

&nbsp&

ÚLTIMAS

Interceptan a un condutor que se deu á fuga en Culleredo tras chocar con tres coches

A Policía Local de Culleredo logrou dar co condutor que supostamente se deu á...

A AC Alexandre Bóveda afonda sobre a realidade Palestina

Non para a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, coa programación de marzo e abril absolutamente...

Conversa con RJ Junior, promotor do Go! Electronic Festival

A finais de verán temos na comarca veciña festival de música tecno. O 13 e 14...

Conclúe a V Semana do Cinema Galego cunha media de máis de 300 espectadores por xornada no Teatro Colón

A V edición da Semana do Cinema Galego, que se celebrou entre os días...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here