InicioDEPORTESEntrevista a Cuanto Sufrimos Martín: “O Dépor tráenos moitos disgustos pero o...

Entrevista a Cuanto Sufrimos Martín: “O Dépor tráenos moitos disgustos pero o podcast só alegrías”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro
  • “O deportivista é unha persoa moi dedicada, é moi autosuficiente, consume todo o que hai sobre o club”
  • “Somos o club das Cousas Extraordinarias”
  • “Enchémonos a boca, porque a todos nos gusta a canteira, pero ese carrusel de emocións no que vive o Depor ten consecuencias”

—-

Sentado nas bancadas de Riazor, no bar, no chat dos colegas branquiazuis, mesmo no Ikea… en calquera lugar da cidade podes escoitar unha conversa na que salgan palabros como a Cigüeña Villares, a #opiniondemierda, #pollaviejas, #gentedefútbol, 1ª Comemierda…

Moitas das expresións que Manuel e Benjamín utilizan no “Cuanto Sufrimos Martín Podcast” xa forman parte do imaxinario branquiazul, tras 6 anos alcumando algunhas das frases máis míticas do deportivismo.

Dous “afeccionados random”, como eles mesmos se definen, que levan, ademais dalgunha visita concreta a Especial Niños, entre General e Maratón Inferior dende o ano despois do penalti de Djuckic (pin de prata colocado por Tere Abelleira) sufrindo ao seu equipo, e aportando de 2017 (“sempre cara abaixo”) este podcast de culto, que nace dunha mítica frase que Arsenio Iglesias lle lanza a Martín Lasarte cando o equipo consegue salvarse ate o Betis na promoción do ano 91/92.

Manuel, xornalista de profesión e creador de manuais formativos para unha empresa tecnolóxica, e Benjamín, auditor de factorías de alimentación, utilizan este podcast como terapia para sacar de dentro todo que lle provoca sufrir con este club singular. Forman a rama moderada da guerra civil continua na que vive o deportivismo, cunha opinión que escoitan, sobre todo a través de ivoox, pero tamén en spotify, apple, ou no seu axitado twitter, ata 5.000 afeccionados branquiazuis (a comunidade de #cuantosufrilibers é, de seguro, moito máis ampla), entre os que se atopa boa parte do seo do club.

Falamos con eles dous nunha cafetería deos Mallos, e, sobre todo, botamos unhas boas risas:

  • XornaldaCoruña: Como foi aquela conversa na que vos decidistes a lanzar un podcast cando aínda non era moda?

– Benja: Recordo a conversación que tivemos na Granera, en Tabacos. Foi despois dun partido contra o Sevilla, que nos remontou con goles de Kanouté… Que tempos… Tivémolo claro e de feito, nesa mesma conversación xa dixemos que podíamos dar o premio Djalminha, o Evaldo… xa fixemos o guión do programa.
Pasaron 6-7 anos e a verdade non quero pensar nin o tempo declarado, nin o desgaste emocional… jajjaja

Sempre para abaixo, ademais. Lembro unha entrevista que lle facían a Gaspar cando gañamos a Liga que dicía algo así que como levábamos tantos anos chorando, pois que aí a tiñamos, así que agora podíamos pasar 20 anos sen gañar nada. E eu pensei, “!y tu que lo veas”… e míranos… jajajaja

 

  • XornaldaCoruña: Como foi o crecemento do podcast?

– Manuel: Foi moi pouco a pouco, boca a boca. Pero é que somos café para moi cafeteros, un consumo moi particular.
O noso punto álxido foi co Fuenlabrote, cunhas 5.000 descargas, que para un podcaster de verdade é unha risa. Pero creo que contribuimos ao despegue dos podcasting en xeral porque a xente cando nos ve, comproba que calquera pode facelo… jajajajaj

 

  • XornaldaCoruña: Hai posibilidade remota de acabar en twitch?

– Manuel: Non o vemos nin de coña, esixe moita dedicación. Para gañar diñeiro, para a xente que o xenere, está ben, pero para nós, que non temos ningún interese en vivir disto, non, que é un hobby. De feito se tivésemos publi, certo que chegou algunha campaña institucional no seu momento, engadiría unha carga de responsabilidade que é todo o contrario ao que significa este podcast.

– Benja: Ao longo do tempo se presentaron algunhas posibilidades, que outra xente con máis aspiracións seguro que tiveran aproveitado, pero nunca o formulamos, a verdade. Iso si, só poderíamos prometer engachement, comemos turrones de todo tipo, somos pioneiros poñendo de moda o BitterKas… jajajaja

 

  • XornaldaCoruña: Sodes conscientes do impacto que tendes?

– Manuel: Notamos o impacto do particular ao xeral. Miña nai fálame máis do podcast que de calquera outra cousa… o mellor que fixen nunca, dime… E no xeral, pois agora hai unha Peña Deporivista que se xerou polo podcast. Sabemos que dentro de club se escoita; ese tipo de penetración é moi significativo tendo en conta que somos dous fulanos falando do Dépor sen ningún criterio. É moi reconfortante.

– Benja: E nos trouxo moitas satisfaccións como deportivistas. Por exemplo cando estivemos comentando os partidos na Ser con Fran Hermida, algo moi bonito como afeccionado random do depor. Por exemplo, tamén puidemos compartir mantel con Rubén Ventureira, son oportunidades que se nos aparecen.

– Manuel: Tamén notas expresións que fixeron fortuna e que as comentas no podcast coa confianza de ser amigos de toda a vida, que empezan a entrar no vocabulario da xente. É moi bonito.
A verdade é que o Dépor só nos trae disgustos, pero o podcast só nos trouxo alegrías. Gracias ao podcast aguantamos co Deportivo… jajajaja

 

  • Xornaldacoruña: Se tivérades que elixir o momento máis bizarro do CSM, con cal se quedarían?

– Benja: Como a vez que nos preguntou Alberto Núñez Feijoo como quedou o Depor cando volvíamos a casa dun partido. A nós… jajajaj

– Manuel: Ou momentos estranos como que esteas nos concertos da praia e que unha xente che pida unha foto a estes dous pollaviejas, que parece que iamos ser os telorenos ou algo así…

 

  • Xornaldacoruña: Curioso non, que nunha cidade como Coruña pasen estas cousas. É tremenda a afección branquiazul, non?

– Manuel: Son unha mostra máis que o deportivista é unha persoa moi dedicada, é moi autosuficiente, consume todo o que hai sobre o club. A sensación de desagravio que vive a xente do Dépor, por causas internas e externas, e que non se contaron como se debía, segundo o que pensamos, fai que o afeccionado deportivista se peche máis en si mesmo.

– Benja: Se a xente non compra o noso relato, facemos nós o noso propio..

 

  • Xornaldacoruña: Pero como é posible que na 1ª Comemierda vaian 23.000 a un estadio?

– Benja: Temos teorizado moito con iso no podcast. Loitar durante tantos anos por cousas tan intensas, ascensos, descensos… sobre todo descensos… competindo a vida a morte.
Iso xenera adrenalina
. Instalarte no medio, baixa a atención, e a afección faise en base de momentos emocionalmente fortes.
O máis cerca que estivo o estadio de ficar baleiro foi na época de Caparrós, iso de estar varios no posto 10 é o adormece á afección. E non o digo como o algo positivo de terse comido á mierda. Dou unha simple explicación de que haia tanta xente enganchada, porque iso de vivir ao límite é droga pura.

– Manuel: Somos o club das Cousas Extraordinarias. Tennos pasado de todo dentro e fóra do campo. Vímonos ninguneados polas institucións do fútbol, vilipendiados polos árbitros…

 

  • Xornaldacoruña: Eu uso moito o “Ser de los que ganan es muy fácil”, tirando de epopeia, humildade, aprendizaxe dende a derrota… Como lle trasladades aos vosos fillos o voso amor polo Depor?

– Benja: A miña filla é moi pequena pero se lle falas de fútbol ela entende o Depor. “Apaga el Depor, papá”. Os nenos teñen que verche a ti. Se ve que tu papá é do Celta pero vive moito os partidos do Real Madrid en casa, igual ese sentimento está máis dividido.

– Manuel: Si, jajajaja, Hai que educar en valores, humildade, sufrimiento, resiliencia
A min me alucina, por exemplo, na comida da peña, moita xente de fóra. Chámame moito que haia afeccionados en todas partes pero tamén o dedicados que son xente implicadísima, pendentes de se o equipo se achega á zona onde vive para ir velos, comprando mercadotecnia…
A ver o que nos depara o plano deportivo, e con iso o económico, de aquí a 5-10 anos, pero creo que cando as crónicas fagan o relato, seguro que valoran o mérito é que a xente se ten empeñado emocionalmente en salvar ao equipo. E que despois de 3 anos en 1ª Comemierda que poidas suprimir que haia 24.000 persoas pagando relixiosamente por ver fútbol, paréceme algo do que presumir, a pesar de non poder presumir duha Copa, como non fan o 99% dos equipos do fútbol profesional ou non profesional. Pero ese sentimento de pertenencia vai ser difícil arrincar

 

  • XornaldaCoruña: Como nace entón esa Peña Cuanto Sufrimos Martín?

Foi Álex Condesuso, veciño da Laracha, que fixo un grupo de whastapp de xente que escoitaba o podcast, e que leva 6 anos falando todos os días… Xerouse moita amizade amizade e acabou evolucionando nunha peña. Agora hai xente que leva 3 anos sen escoitar o podcast… O podcast é uhha excusa, pero é unha cousa ben bonita. Estamos esperando a ver se o club nos manda alguén para inaugurala.

 

  • XornaldaCoruña: Un exercicio: O 11 dos maiores maulas que pasaron polo Dépor na época recente.

– Manuel: Buf… A coleccion de nomes que ten queimado este club é infinita…. Somos unha turbina que non para de centrifugar futbolistas ata o punto de que punto de Narro, que é un xogador que fichamos este verán como moi potente, soa para saír.

– Benja: Non sería un 11 sería unha galería dos horrores, con Javito como capitán de todos eles… Lembrámonos o outro día de Camuñas… Na portería temos moitísimos… Pantilimon… Só con porteiros faríamos un equipo xa.
Nós repartimos o Premio Evaldo, como referente, que nos deixou unha xogada para a historia, a Evaldiña, que ningún outro futbolista profesional.
Pero bueno, é difícil facer memoria… Krondeli, Boví… hai que facer esforzo por recordar xente que estivo aquí hai apenas 3 temporadas… Por exemplo anos dos portugueses que nos colocaron, Vitor Silva, Roderik, André Santos…

 

  • XornaldaCoruña: Hai suficiente #gentedefútbol no club ou hai demasiada #tecnocracia?

– Manuel: Cando chegou a tecnocracia, eu estaba moi farto ás idas e voltas ás que nos estaba levando a #gentedefutbol. Todo o mundo sabía pero o club só daba bandazos, e o club estaba coa soga ao pescozo. Chegou un momento de tal impresión de desgoberno, que o club estaba pendente dunha persoa que pode falar do Dépor como o podes facer ti, chafardeando… Chegamos a unha situación tan límite que pensei que adiante á folla de excel, e a empezar de 0.

– Benja: Todos os clubs necesitan un equilibrio perfecto entre fútbol e tecnocracia. E quero pensar que estamos máis cerca de chegar a ese equilibro. Quero pensar que os que se dedican á parte técnica, aínda que teñan menos de 60 anos, o están facendo ben. E da tecnocracia espero que fixera outra páxina, outra forma de facer a cousas, un saneamento integral con outra visión. Se nos ancoramos naquela xente de fútbol….

– Manuel: Ao mellor, coñecer aos fútbolistas polos andares como se fose a feira do gando, non é o único que vale. A xente de fútbol tradicional que despreza aos novos… pois vaia… Ao mellor en 2023 hai que meter o bo das dúas cousas. Estamos sempre reclamando o de antes, pero mesmo agora estamos como tolos lemnbrándonos de Héctor Hernández, como se marcase unha antes e un despois na historia do Dépor (e iso que o fixo ben), porque estamos en ciclos cada vez máis curtos.

 

  • XornaldaCoruña: Co paso dos anos, tamén pensades aquelo de “Bendita herencia que nos deixou Lendoiro”, como di Jabois, a pesar da débeda que quedou no club?

– Benja: Bendita mochila e bendita herencia, claro que si. Iso nunca estivo no foco. A transición foi outra cousa. Naquel momento histórico a transición foi necesaria, si. É a miña “opinión de mierda”, porque é o que din que “a Lendoiro xa non lle fiaban”. Cando iso é Facenda… Puidemos ter desaparecido, e aínda así, xa che digo, bendita mochila.

– Manuel Aquí poñemos sempre todo de xeito maximalista, como se pedises a purga de Lendoiro de todo o deportivismo. Pero é en todo, como eses alcaldes que levan 40 anos… non dubido da súa capacidade, pero me parece que é saudable para todos que unha institución non sexa uha persoa.
Nós vivímolo como adolescentes. Pasaron 22 anos daquela Liga. Eu non dubido de que é o máis sabe, pero tamén sei que o Fútbol non é o de hai 22 anos, xa non só en xestión, mesmo no fútbol… El sempre foi un adiantado a todo, pero…

 

  • XornaldaCoruña: Como se combina a urxencia eterna na que vive o club coa aposta pola canteira?

– Benja: O drama do Deportivo é ese. Enchémonos a boca, porque a todos nos gusta a canteira, pero ese carrusel de emocións no que vive o Depor ten consecuencias. O Deportivo vive sempre na urxencia, dende que empezamos o podcast. e iso incapacita o discurso de filosofía de canteira.
Si creo que a #gentedefútbol do club, cando se senta na casa a reflexionar, cre que lle gustaría ter unha filosofía de canteira, pero a realidade é que o excel de Villasuso me di que hai que ascender si o si.
Ademais quen eu como afeccionado random, para dicir se imos ascender ou non con 8 canteranos? Eu non son o corpo técnico, non vexo aos xogadores todos os días.

– Manuel: A realidade é que o Deportivo botou ao seu adestrador na xornada 6 con toda Liga por diante. Fan falta resultados inmediatos. “Os canteranos non poden un resultado inmediato?” Pode ser que si ou pode ser que non. E sí, ao canterano do Depor hai que querelo nas boas e nas malas. Canterano era Juan Domínguez, Juan Carlos, Alex… e se lles ten pitado en Riazor pola pouca paciencia.
Usar a canteira como ara arroxadiza é moi fácil, e demagóxico.

 

  • XornaldaCoruña: Pero estades confiados entón en que este ano #Sisepuede?- Manuel: Si, si, eu creo que este ano temos moitas posibilidades de ascender. Estamos como hai que estar, estamos mal, defenestrados… Facéndoo ben non nos serviu, a ver se nos vale. Algún ano se ten que dar.

    As análise do Dépor en XdC

ÚLTIMAS

Realizan un operativo policial especial no traslado dun corazón para un transplante urxente no Chuac

A Garda Civil participou no traslado dun corazón para un transplante urxente no complexo hospitalario universitario da...

Pleno da RAG o Día das Letras Galegas dedicado a Luisa Villalta no Teatro Rosalía

A Real Academia Galega (RAG) celebrará o próximo 17 de maio o pleno extraordinario...

Aprobado o inicio do procedemento de recuperación da Casa Cornide para o patrimonio público

O Concello da Coruña aprobou o inicio do procedemento para recuperar a Casa Cornide...

A UDC pon en marcha a adaptación ds seus estatutos á LOSU

O Claustro da Universidade da Coruña (UDC), reunido este mércores, aprobou a constitución dun...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here