InicioPOLÍTICAO BNG critica a chegada dun "quinto" colector do lixo á Coruña:...

O BNG critica a chegada dun “quinto” colector do lixo á Coruña: “a alcaldesa non fixo valer a excepción coruñesa”

Publicada o

Por editor

O portavoz do BNG no Concello e candidato nacionalista á Alcaldía en maio, Francisco Jorquera, anunciou esta mañá que no Pleno do vindeiro 2 de febreiro o Bloque vaille formular unha pregunta oral ao Executivo coruñés para saber que xestións fixo a alcaldesa con vistas a defender, durante a tramitación da Lei de Residuos, o modelo húmido seco de xestión e tratamento de residuos, o que cualificou como modelo coruñés.

Non temos coñecemento de que a alcaldesa fixese ningunha xestión para que se contemplase a excepción coruñesa e así asegurar a vixencia do modelo húmido-seco”, dixo Jorquera, para a seguir remarcar que non se trata dunha cuestión menor. “Renunciar ao modelo húmido seco significa que os cidadáns non só teremos que separar o vidro, o papel e o cartón, os restos orgánicos e a fracción restante (inorgánicos). Alén diso, a partir de agora”, esclareceu, “teremos que separar tamén latas, botellas de plástico, bricks, tapas e outros envases lixeiros para os depositar nun novo colector específico, cando antes a separación se facía en planta”.

Significaría tamén “que nas rúas haberá que instalar un contedor máis”. Será o “quinto”, e iso a pesar de, a comezos deste mandato, o Concello ter adxudicado “o novo contrato de limpeza e mantemento de contedores, que conlevou a renovación dos colectores existentes na nosa cidade”, dixo.

O candidato nacionalista dixo que “non hai razón ambientais que xustifiquen” a renuncia ao modelo húmido seco. Así, insistiu que o argumento ao que se aferra a alcaldesa –“non é unha cuestión opcional, hai unha lei que cumprir”- non se ten de pé”. Lembrou que a nova Lei de Residuos, artigo 25.6 abre a billa a “exceptuar reglamentariamente a obriga de recoller por separado os residuos”, sempre que se dean determinadas condicións: que a recollida conxunta dos residuos non afecten a súa aptitude para a reutilización ou a reciclaxe, que a recollida separada non proporcione mellor resultado ambiental ou que implique uns custos económicos desproporcionados.

MODELO NOSTIÁN

Jorquera dirixiu tamén as súas críticas á marxinación dos concellos do Consorcio das Mariñas e censurou que a alcaldesa non convocase unha mesa de alcaldes “para falar disto e do futuro de Nostián”, sendo que a “a viabilidade futura da planta de Nostián depende da participación do Consorcio”.

Estamos moi preocupados polo futuro do modelo coruñés de xestión e tratamento de residuos”, recapitulou Jorquera. “Non quixéramos pensar que o Goberno Local, de xeito intencionado, estea dando pasos para converter a planta de Nostián nunha simple planta de transferencia e derivar logo boa parte do lixo a SOGAMA”, concluíu.

 

ÚLTIMAS

Aviso amarelo na noite deste mércores no litoral da Coruña por ondas de ata 4 metros

A costa noroeste da Coruña e a Costa da Morte estarán este mércores en...

Secundan unha protesta convocada por CCOO polo “incumprimento do convenio” na empresa Nervión

Delegados sindicais de CCOO e traballadores de Nervión Industries, empresa auxiliar na refinaría de Repsol na Coruña, mobilizáronse...

As Enfermeiras maniféstanse pola mellora das súas condicións laborais

Centos de profesionais manifestáronse este mediodía de martes 26 de setembro na cortorna do...

Un cuarto de século do penal de Teixeiro: un 60% de internos en módulos de respecto co foco na súa volta ao exterior

É moi diferente a vida dun interno nun módulo de respecto que nos módulos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here