A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) pide ao Goberno Municipal da Coruña que convoque a Comisión de Honras e Distincións, presidida polo PSOE, en aplicación da Ley de Memoria Democrática, e retire as distincións de todo tipo otorgadas a Sergio Peñamaría de Llano. Unha petición q ue fixo entre o pasados 17 e o 24 deste mes de xaneiro, facendo entrega dunha documentación nas sedes dos catro grupos da corporación municipal: BNG, Marea, PP e PSOE.
Segundo informa nun comunicado, a CRMH ten enviado unha carta a alcaldesa Inés Rey, denunciando as “siniestras e sanguentas actividades represivas de Peñamaría”, na comarca de Valdeorras, como teniente, ao mando do I Tercio da III Bandera da Legión, así como o seu papel de fiscal militar en diversos consellos de guerra contra demócratas antifranquistas, para os que ten solicitado varias sentencias de morte.
Por iso, a entidade pide a eliminación do nome da rúa no barrio do Ventorrillo, así como a eliminación do cadro do persoeiro, do pazo municipal. Lembra que, sendo Teniente coronel, foi alcalde da cidade de 1959 ao 1963, no tempo en que a Casa Cornide pasou ao patrimonio dos Franco por unha falsa subasta, artellada pola alcaldía e por Pedro Barrié de la Maza, para agasallárllela á esposa do ditador, Carmen Polo. Datos recoñecidos no informe elaborado á instancias do Goberno Municipal polo “Instituto de Estudos Coruñeses José Cornide”.

Sergio Peñamaría de Llano, ex militar e alcalde franquista da Coruña | Fonte: FB Concello A Coruña
“A burocrática contestación do Concello á nosa solicitude — sin posibilidade de recurso ou algún tipo de información á que poideramos ter opción –, remítenos a épocas anteriores aos concellos democráticos, deixando a CRMH indefensa na sua reivindicación”, indica. Por este motivo, a CRMH diríxese aos grupos municipais, en aplicación da vixente Ley de Memoria Democrática, para solicitar o seu apoio na convocatoria, nun prazo de dous meses, da citada comisión.
En todo caso, e dentro do prazo, a CRMH resérvase a posibilidade de denunciar o incumplimiento da lei de memoria democrática, diante da Fiscalía, para erradicar da historia coruñesa o siniestro nome de Sergio Peñamaría de Llano, como así lle lo ten solicitado o pleno da corporación do Barco de Valdeorras.
Como sempre o PSOE está a navegar entre duas augas, e onde se sente melhor. Depois, escolhe aquela pola que lhe convém; umha mostra de carência de princípios éticos. Nom condenar a um sanguinário repressor que levou a cabo:
“Siniestras e sanguentas actividades represivas de Peñamaría”, na comarca de Valdeorras, como teniente, ao mando do I Tercio da III Bandera da Legión, así como o seu papel de fiscal militar en diversos consellos de guerra contra demócratas antifranquistas, para os que ten solicitado varias sentencias de morte”.
Este indivíduo era tam bárbaro que a família Picasso estava disposta a doar pinturas do genial artista, e este negou-se a as receber porque eram obra d’um comunista. Manda caralh..! com a barbárie. Corunha nom tem um museu Picasso por culpa d’um analfabeto franquista.
Hay que dar los nombres de estos criminales y relatar sus crimenes para que todo el mundo conozca su calaña…no solo habría que quitarle honores sino condenarlos….e investigar de donde viene el.patrimonio de sus descendientes.