InicioCULTURAAMEGA celebra o #DíadosMediosenGalego cun festival de música galega contemporánea

AMEGA celebra o #DíadosMediosenGalego cun festival de música galega contemporánea

Publicada o

Por editor

Ortiga e Grande Amore serán, este 2023, os protagonistas da celebración do #DíadosMediosenGalego. Unha celebración impulsada pola Asociación de Medios en Galego (AMEGA) que Galicia celebra cada 7 de febreiro, que lembra a saída da primeira publicación xornalística realizada integramente na nosa lingua, ‘O Tío Marcos d’A Portela’ (1876).

Coa intención de seguir dignificando a nosa lingua, dándolle utilidade, o medio cento de cabeceiras que formamos a AMEGA e mais os máis de 130 medios que comunicamos na nosa lingua, organizamosun minifestival de música galega contemporánea para achegarnos á mocidade do país.

A cita, na que colabora a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello de Santiago, será o xoves 9 de febreiro, a partir das 20:30h na Sala Capitol, cos concertos de Grande Amore e Ortiga.
O evento será de balde (cómpre sacar invitación en www.salacapitol.com e en www.ataquilla.com a partir deste xoves 2 de febreiro ás 12:00h) ata c ompletar aforo.

Previamente, celebraremos o Día dos Medios en Galego o propio 7 de febreiro, cunha rolda de prensa de presentación no Pazo de San Roque, na sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ás 11:00h, coa presencia de Valentín García (SXPL), Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural de Santiago, e o artista Ortiga.

ÚLTIMAS

A salsa de Marc Anthony conquista A Coruña nunha noite para a lembranza

Foron moitas as persoas que se agolparon dende ben cedo ás portas do Peirao...

O Seprona intercepta unha furgoneta con 429 quilos de lagostinos sen documentación

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil interceptou unha furgoneta procedente...

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here