InicioMOV. SOCIAISAnuncian accións e mesmo manifestacións para recuperar espazos públicos na Coruña

Anuncian accións e mesmo manifestacións para recuperar espazos públicos na Coruña

Publicada o

Por editor
Defensa do Común insiste na necesidade de recuperar a totalidade de espazos públicos desafectados . Trtas unha xuntanza da súa xunta directiva esta entidad anuncia diversas iniciativas que inclúen concentracións, mobilizacións, mesas redondas, marchas cívicas e actuacións musicais, sen descartar como última espoleta a convocatoria dunha manifestación.
Nun comunicado, Defensa do Común lembra que na protesta do 2017 logrouse reunir a 5000 persoas e que o seu obxectivo é evitar calquera intento de pagar pola reuperación deses espazos que considera pertenecen ao común. Neste capítulo inclúe a recuperación do borde litoral a escala urbana e metropolitana, as parcelas do Campo da Estrada-Maestranza, o vello cárcere, a Casa Cornide, a parcela número 24 da rúa Adelaida Muro, así como os terreos do complexo polideportivo da Solana e o Hotel Finisterre, cuxa concesión finaliza no ano 2027.
Defensa do Común estima que a recuperación de espazos públicos que carecen de uso na actualidade se corresponde coa idea de moitos cidadáns e supón “un desexo puntual de continuar reivindicando un diálogo aberto e cada vez máis urxente despois de tantos intentos por seguir obtendo sabrosas plusvalías a conta do patrimonio público”. “Porque por riba do triunfo de calquera goberno ou partido político a recuperación do común para diverso equipamento público será a vitoria definitiva dos dereitos de toda a cidade”, conclúe.

ÚLTIMAS

A salsa de Marc Anthony conquista A Coruña nunha noite para a lembranza

Foron moitas as persoas que se agolparon dende ben cedo ás portas do Peirao...

O Seprona intercepta unha furgoneta con 429 quilos de lagostinos sen documentación

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil interceptou unha furgoneta procedente...

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here