InicioBARRIOSPiden o reforzo do servizo de Bicicoruña ante a falta de bicis...

Piden o reforzo do servizo de Bicicoruña ante a falta de bicis nas estacións de barrio

Publicada o

Por editor

Que a Coruña é unha privilexiada en materia de transporte en bicicleta é evidente. O servizo de Bicicoruña é un verdadeiro luxo para unha cidade como a nosa. Máis de 3.000 persoas xa están rexistradas trala renovación do sistema realizada con fondos europeos .

Pero a realidade, como recoñece o colectivo pola mobilidade sostible Mobi-liza, hai veces que as estacións de bariio quedan baleiras.

As queixas por non atopar bicis nas horas de entrada e saída dos centros escolares e de traballo son numerosas, polo que sería necesario garantir reposición das bicis nas horas punta.

Así o entende o grupo da Marea Atlántica, que vai propoñer no pleno deste xoves que se aumente o persoal para poder garantir que haia bicis en todas as estacións, e mesmo que a app móbil informe informar de se hai ou non espazo. “Estes problemas dificultan o uso de Bicicoruña coma alternativa ao coche privado xusto onde sería máis necesario, nos barrios máis poboados e afastados do centro”, sinala o candidato Xan Xove.

Igualmente, aproveitarán para solicitar a instalación de máis estacións de Bicicoruña nos polígonos industriais e nos centros hospitalarios, lugares con moita afluencia de persoas aos que
non se pode chegar con este servizo.
Así mesmo, piden ampliar o tempo de uso das bicis, para facilitar os traxectos máis longos, e ampliar os horarios para, por exemplo, dar servizo ás xentes que entren antes das 8:00h da mañá.

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña prepara os trámites para a intervención na vivenda tras declararse mercado tensionado

O Concello da Coruña ultima os trámites para actuar no mercado do aluguer tras...

Investigan un aviso de bomba no CHUAC que acabou sendo unha falsa alarma

A Policía Nacional investiga a autoría dun aviso de bomba no complexo hospitalario coruñés...

Xuíces da Coruña rexeitan crear unha praza de Violencia sobre a Muller “a costa” de Instrución

Xuíces e xuízas dos órganos de Instrución da Coruña alertaron de "prexuízos moi considerables"...

O BNG da Coruña pide a cancelación do concerto de Diego ‘El Cigala’, condenado por violencia de xénero

O BNG pediu ao Concello da Coruña que cancele a actuación de Diego 'El...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here