InicioCULLEREDOVolve o Entroido de Veiga

Volve o Entroido de Veiga

Publicada o

Por editor

Veiga prepárase para recibir o seu Entroido, un dos máis xenuínos de toda a comarca, cunha celebración que será o 20 de febreiro de 2023, coa programación habitual e o actuación, pola mañá e pola tarde, da orquestra ‘Os Satélites’.
Ás 12.30 horas está prevista a misa, e a súa posterior procesión, para dar paso á sesión. Vermú con ‘Os Satélites’ a partir das 13.15 horas. Haberá, neste momento, desfile de comparsas, premios aos mellores choqueiros e lectura do Testamento tradicional.
Ás 15.15 horas celebrarase o gran xantar popular, con polbo, carne ao caldeiro, sobremesa, e café. O prezo para adultos será de 35 euros; a partir de 15 euros para nenas e nenos de 8 a 12 anos anos e 5 euros para nenas e nenos de 4 a 7 anos.
As entradas venderanse ata o 15 de febreiro nos establecementos da zona, e estarán tamén poderán adquirirse nos teléfonos 680 942 484 e 607 755 731. Organizan a Comisión de San Blás, Veiga, e o Concello de Culleredo.

Festa infantil

Ademais Culleredo prepara unha festa infantil para o sábado 18. Terá lugar na Explanada do Paseo Marítimo de O Burgo coa presenza de ‘Circo Menudo’ e a Discoteca Móbil ‘Music Scaffold’. A partir das 17:30 horas, as familias poderán gozar desta actividade, na que haberá música, animación, obradoiros infantís, palomitas, algodón de azucre e chocolate con churros para todos e todas.

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here