InicioMOV. SOCIAISRadioactiva de CuacFM, 8 anos dando voz aos usuarios do albergue de...

Radioactiva de CuacFM, 8 anos dando voz aos usuarios do albergue de Padre Rubinos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Radioactiva de CuacFM, 8 anos dando voz aos usuarios do albergue de Padre RubinosA radio libre e comunitaria da Coruña está moi máis viva do que parece. A CUAC FM, a pesar dos atrancos e do esquecemento, segue demostrando o seu compromiso social coa cidade.

E un dos seus exemplos vémolo co programa e podcast de Radioactiva, que cada semana dende hai 8 anos nos trae a realidade máis complicada da nosa sociedade. A viguesa Clara de Vega leva dirixindo este programa dende o seu comezo, abríndonos as portas das instalacións de Padre Rubinos.

Cada mércores ás 18:00h, en directo (xoves ás 9:00h a redifusión) salta na grella da emisora este programa protagonizado polas persoas do refuxio, esas persoas que non teñen vivenda, e que pasan un tempo a acubillo desta entidade. Cada semana, ademais, son persoas diferentes as que pasan polos micros da entidade, superando xa as 200 persoas que teñen participado.

Falamos con Clara:

  • Como nace Radioactiva?

Pois eu fixen Xornalismo e comunicación audiovisual, e fixen as prácticas na COPE,. Pero despois fixen Técnica de Integración Social, e fixen as prácticas no antigo albergue de Padre Rubinos. Cando a entidade se mudou, contratáronme, e un día facendo un videoforum, vendo un docu sobre a Radio Colifata, xurdiu a idea de “Por que non facemos unha radio?”. Ao principio ninguén daba un duro, por ser xente sempre itinerante, pero con gañas e ilusión, e moitas ideas, contactei coa CUAC, que me deron todas as facilidades a nivel técnico, e creamos este programa que creo que é parte da esencia da emisora xa.

  • E que tal funciona? Cóntanos, cóntanos?

Pois a verdade é que funciona moi ben,. Conseguín unha implicación tremenda, con persoas con historias de vida complicadísima, pero que acaban encantados da experiencia. Van 100epico programas emitidos, con máis de 200 voces diferentes participantes.

  • E que lles aporta aos usuari@s?

Axúdalle en moitas facetas. A acceder ás normas, a perder medos, a decatarse de que poden facelo, incidindo moito nos procesos de cambio de cada persoa. Trabállase a autoestima, as rutinas, horarios, o compromiso… require un esforzo grande pero o resultado é marabilloso. Unha experiencia que lles gusta repetir. Válelle moitítimo para saír adiante. “Son capaz de facer un texto”, dinse.

Paréceme incrible que semana a semana sexan persoas diferentes as que se enfrontan a un micro, 5 persoas que fan radio por primeira vez cada semana, e saen cousas moi interesantes.

  • Como reaccionan os usuari@s?

Pois temos testemuñas de todo tipo: “Nunca pensei que podería cantar unhas cancións en directo e que estivera escoitando a xente. Foi unha experiencia para miin alucinante porque nunca vivira eso”, díxonos un, ou “fíxome sentirme confiada e entusiasmada” respondeu outra.

Noutra reflexión bonita, un usuario destacou a importancia de “recuperar a autoestima. Darte conta de que podías volver pensar, a traballar coa cabeza. darte conta de que estabas equivocada, de que seguías sendo unha persoa vàlida. Creo que é impensable que unha persoa que está en situación sen fogar, nun espazo moi corte de tempo, estea facendo un programa de radio”.

  • E de paso pregúntoche. Que pasa ca CUAC? Por que está tan pouco visibilizada na Coruña a pesar de ser un proxecto magnífico?

Pois si que está moi pouco visibilizada. A verdade é que o Documental funcionou moi ben, que agora segue espallándose. Pero tense que ver máis. A oportunidade de que calquera poida facer radio é unha pasada. Ademais está bastante profesionalizado, a pesar de xente voluntaria, con xentes técnicas.
E iso tendo en conta que hai liberdade absoluta na liña editorial, sen financiación de ninguén, polo que pode ser certo tampouco se quere apoiar.
Veñen xentes aos congresos de todo o mundo e alucinan co que facemos aquí. Temos que explotalo.

podcast de Radioactiva de CuacFM

ÚLTIMAS

Nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo para pedir solucións mentres non poidan faenar

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova concentración, ante...

Atopan mortas en menos de media hora a dúas persoas de idade avanzada na Coruña

Dúas persoas de idade avanzada foron localizadas mortas nos seus domicilios en menos de...

A XXIX Carreira Alternativa fomenta este domingo a inclusión con máis de 1000 participantes

A Coruña acollerá este domingo, 28 de abril, a edición número 29 da Carreira...

Publicado un catálogo antolóxico do pintor Cheché Martín, xogador de equipos como o Deportivo e o Barcelona

O Concello da Coruña acolleu este xoves a presentación dun catálogo antolóxico do pintor...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here