InicioCULTURARapa e O corpo aberto, protagonistas entre os finalistas dos XXI Mestre...

Rapa e O corpo aberto, protagonistas entre os finalistas dos XXI Mestre Mateo

Publicada o

Por editor

Xa temos proxectos e profesionais finalistas da XXI edición dos Premios Mestre Mateo, desde o museo MEGA Estrella Galicia.

Rapa sitúase como a produción máis votada entre as 194 que se presentaron aos XXI Premios Mestre Mateo, con 19 candidaturas finalistas, seguida por O corpo aberto, con 16, Código Emperador, con 8 e Unicorn Wars, con 6.

Entre todos os profesionais finalistas da presente edición hai dous que contan con tres candidaturas: Alberto Vázquez, polo seu traballo en dirección, guión e dirección de arte de Unicorn Wars e Jorge Coira, finalista pola montaxe de Rapa e pola dirección de Código Emperador e Rapa.

FINALISTAS

O corpo aberto é finalista a Mellor longametraxe xunto con Código Emperador, Live is Life e O home e o can.
Despois de oito edicións sen presenza de longametraxes de animación, este ano hai dous filmes que competirán polo premio nesta categoría: Valentina e Unicorn Wars.
As finalistas a Mellor documental son A foreign song, María Casares. A muller que viviu mil vidas, No somos nada e Onde máis doe.

As candidatas a ser recoñecidas como Mellor serie de TV son dúas producións emitidas por TVG, A lei de Santos e Saudade de ti; e outras dúas emitidas por plataformas de streaming: Operación Marea Negra, de Amazon Prime Video e Rapa, de Movistar +.

Na categoría de Mellor serie web compiten Delicias amargas, Historias vageniales, Prigandas e Terapia de.

Na categoría de Mellor comunicador as académicas e académicos quixeron recoñecer o traballo de Esther Estévez, Simone Saibene, Xose A. Touriñán e Mario Brión Toucedo.
No caso dos tres primeiros, tamén foron recoñecidos os programas polos que compiten na categoría de Mellor programa: Dígocho Eu, Cinephilia e Catro Gatos, ademais de Clac. Na categoría de Mellor realización son finalistas Rubén Veiga (Malo Será!), Simón Casal de Miguel (Artificial Justice), Simone Saibene (Cinephilia) e Jairo Iglesias (Catro Gatos).

As candidatas a Mellor videoclip son A quincena do Apóstol de Boyanka Kostova, Cobiza de A banda da loba, Noa de Guadi Galego e Pano Corado de Tanxugueiras.

As premiadas e premiados daranse a coñecer na gala de entrega de premios que se celebrará o sábado 11 de marzo no Auditorio Municipal de Ourense.

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here