InicioDEPORTESGran ambiente na C21

Gran ambiente na C21

Publicada o

Por editor

Case 3.000 persoas participaron este domingo no medio maratón C21 e na 5K. Fantástico o ambiente vivido na fermosa mañá dominical en toda Coruña, cun arrecendo a deporte que ergue o ánimo.

Este ano a C21 estivo acompañada dunha novidosa carreira 5K que serviu de prólogo do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que comezará no próximo mes
de marzo. Víctor Alonso, Yago Ignacio García e Adrián Blanco foron os primeiros
clasificados da categoría masculina, mentres que Irati Lorza, Sara Pita e Penélope Martínez
foron as mellores na categoría feminina. Houbo tamén carreiras para os máis peques, se cadra a parte máis divertida da xornada.

C21

Podios da C21 da Coruna

O marroquí Hicham Sigueni e a kenyana Nancy Jepleting impuxéronse na proba de media maratón dos 21km, e finalizaron o percorrido con grandes marcas, chegando a bater o récord masculino do circuíto.

Na categoría feminina cumplíronse os prognósticos e a sub23 Nancy Jepleting gañou a proba cun tempo de 1.12:17, moi próximo ao récord do circuíto. Acompañárona no podio a
lucense María Jesús Conde e a ponteareá Sonia Abad.

Na categoría masculina, os tres atletas que subiron ao podio superaron a marca máis rápida das 15 edicións da C21, que tiña Hosea Kiplimo desde o 2020 con 1.02:30 horas. O podio estivo encabezado por Hicham Sigueni, que parou o crono en 1.01:40. Seguíronlle, en segunda e terceira posicións os kenyanos Edwin Kipruto e Peter Kariuki, respectivamente.

 

ÚLTIMAS

Aviso amarelo na noite deste mércores no litoral da Coruña por ondas de ata 4 metros

A costa noroeste da Coruña e a Costa da Morte estarán este mércores en...

Secundan unha protesta convocada por CCOO polo “incumprimento do convenio” na empresa Nervión

Delegados sindicais de CCOO e traballadores de Nervión Industries, empresa auxiliar na refinaría de Repsol na Coruña, mobilizáronse...

As Enfermeiras maniféstanse pola mellora das súas condicións laborais

Centos de profesionais manifestáronse este mediodía de martes 26 de setembro na cortorna do...

Un cuarto de século do penal de Teixeiro: un 60% de internos en módulos de respecto co foco na súa volta ao exterior

É moi diferente a vida dun interno nun módulo de respecto que nos módulos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here