InicioBARRIOSNovas estacións de BiciCoruña no Ventorrillo, o parque de Oza e a...

Novas estacións de BiciCoruña no Ventorrillo, o parque de Oza e a praza de Recife

Publicada o

Por editor

Tres novas estacións de BiciCoruña veñen de ser instaladas barrio do Ventorrillo (na rúa Monasterio de Caaveiro), na contorna do parque de Oza coa rolda de Outeiro e na rúa Maxistrado Manuel Artime, lindeira á praza de Recife.

Xa están abertas para o uso e gozo da cidadanía, no seu horario habitual (das 07.00 da mañá á 01.00 da madrugada), facilitando os desprazamentos laborais a primeira hora e tamén o regreso das persoas usuarias aos seus domicilios en horario nocturno.

Son xa 35 as bases operativas, con case 7.000 persoas usuarias do servizo, máis do dobre das contabilizadas en xuño do ano pasado, cando se acometeu a primeira renovación de BiciCoruña desde a súa posta en marcha en 2009, e dende o Concello contan con chegar aos 10.000 usuari@s. Prevén a incorporación progresiva de 514 novas bicicletas, das que 172 son eléctricas e 342, mecánicas.

Máis estacións

Traballa o Concello para abrir estacións no polígono de Agrela e o barrio de Someso, “onde a implantación das novas bases de BiciCoruña esixen unha remodelación das beirarrúas e tamén a creación das instalacións necesarias para o funcionamento das estacións”.

No caso de Someso, os traballos para instalar a estación que estará situada na avenida da Universidade, fronte ao recinto ferial de Expocoruña, comezaron a inicios de semana, coa pavimentación da beirarrúa e a calzada.

ÚLTIMAS

Reproches do PP e do BNG ao goberno local da Coruña

O grupo municipal do PP no Concello da Coruña reprochou ao goberno local "falta...

Nova presentación literaria na Casa Casares Quiroga

O escritor Juan Cruz regresa a Coruña da man do Ateneo Republicano de Galicia...

Unha investigadora da UDC premiada pola súa tese sobre identidades de xénero

A profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña (UDC) Belén...

Cancelado o concerto de Diego el Cigala no parque de Santa Margarita tras ser condenado por maltratar a súa exparella

Son do Nordés comunicou a cancelación do concerto de Diego el Cigala programado para o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here