InicioCULLEREDOA ANPA do Conservatorio do Burgo continúa a súa mobilización

A ANPA do Conservatorio do Burgo continúa a súa mobilización

Publicada o

Por editor

Tralas mobilizacións da semana pasada e a falta de resposta á problemática da falta de profesorado, as familias afectadas pola falta de profesores no Conservatorio de Música de Culleredo asistiron este domingo ao feirón de Culleredo coa súa pancarta reinvidativa.

A ANPA O Burgo do Conservatorio demanda “un compromiso real dos Grupos políticos” para asegurar a cobertura das baixas do profesorado, algo recorrente nos últimos anos. Lembran que “hai estudantes que levan meses sen clases de piano e que ao longo destes últimos cursos situacións semellantes foron padecidas polo alumnado de distintos instrumentos como frauta ou piano”.

Sinalan que “o goberno Municipal debe convocar un novo proceso selectivo con carácter urxente, e remetilo ao Servizo Público de Emprego.

”Estas demandas buscan protexer un servizo público de calidade, co que as familias están comprometidas, e que precisa dun respaldo sen fisuras de todos os grupos municipais”. E aseguran que “mentres non se chegue á unha solución eficaz, a ANPA seguirá concentrándose os mércores ás 17 horas, diante do Conservatorio, concentracións ás que convida ao conxunto da cidadanía”.

Posición municipal

Dende o Concello aseguran que informaron ás familias os trámites necesarios, e que a “o procedemento para cubrir a baixa dun profesor dun Conservatorio está regulado pola lexislación, tendo que recorrer ás listas de substitución”. Dende o Concello sinalan que “as listas están actualizadas xa que datan de maio de 2022, e os catro profesores que o integran non admiten substitucións, como lles corresponde, e a administración non pode obrigalas”.

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here