InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA Escola da Bici de Mobiliza ou como perder o medo a...

A Escola da Bici de Mobiliza ou como perder o medo a circular pola cidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Falabamos hai unhas semanas do marabilloso e autosuficiente Taller Reciclos. Hoxe seguimos as rodas da Asociación Mobiliza para coñecer de preto a Escola da Bici.

Trátase dun proxecto desta entidade sen ánimo de lucro, con financamento municipal, que permite aprender a andar a dúas rodas a persoas, en boa medida mulleres, que sempre quixeron andar en bici e por unhas cousas ou por outras o foron deixando. Esas persoas ás que lle dá envexa ver a alguén montando cun sorriso polo paseo marítimo, ou aparcando na porta do seu destino sen necesidade de buscar aparcamento ou esperar un autobús.

Iria Prendes de amarelo con usuarias da Escola da Bici
Iria Prendes, de amarelo, con usuarias da Escola da Bici nas instalacións do antigo Padre Rubinos

Son 8 @s intrutor@s encargad@s de impartir os cursos a maiores e nen@s nas instalacións do antigo Padre Rubinos. Teñen 3 niveis: iniciación, habilidades e circulación, e ademais, botando man do Taller Reciclos aprenden ás usuarias tamén a reparar a túa propia bici. Seguen a metodoloxía #BikeHability, que se está instaurando pouco a pouco en España.

Realizan circuitos no recinto, pero o máis importante, axudan a aprender a circular e perder o medo pola cidade. Unha cidade cun servizo público Bicicoruña de calidade, con máis de 50 km de carrís bici (xa non son aqueles tempos nos que só existía no paseo marítimo) ou vías ciclables (eses carrís dereitos que hai nas vías de dous carrís nas que só se pode ir a 30km/h e nas que se indica a prioridade para patinetes e bicis).
Unha cidade cada vez máis preparada para o ciclousuario, lista para que a bici se confirme como alternativa real ao transporte privado.

Álex, actual presidente de Mobiliza, impartindo un curso

Para explicar o que senten as súas usuarias, Javi Quiroga, de @ONovoNormal, xa recolleu á perfección a historia de Cruz:

Se tes gañas de aprender ou convencer a un familiar de que o faga, bota un ollo en na súa web e segue a Escola nas redes sociais:

Novas relacionadas

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here