InicioCULTURAO compositor coruñés Nani García, premio de Honra da XXI edición dos...

O compositor coruñés Nani García, premio de Honra da XXI edición dos Mestre Mateo

Publicada o

Por editor

A Academia Galega do Audiovisual (AGA) anunciou que o galardoado co Premio de Honra Fernando Rei da XXI edición dos premios Mestre Mateo, que se celebrarán o próximo 11 de marzo en Ourense, será o produtor e compositor musical galego Nani García, en homenaxe á súa “dilatada traxectoria” como compositor das bandas sonoras de soadas películas e series.

Así o proclamou o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, que foi o encargado de abrir o sobre co nome do premiado, en compañía do director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e do presidente da academia, Álvaro Pérez.

Desta forma, valórase a “dilatada carreira” e o compromiso coa divulgación musical vinculada ao sector audiovisual do compositor, que foi premiado en ata sete ocasiones pola academia grazas ás súas achegas en series e películas, como ‘Pratos combinados’ ou ‘Engurras’, das que compuxo a súa música orixinal.

Así mesmo, o músico nado na Coruña, que é tamén un dos socios fundadores da AGA, será recoñecido por ser unha figura pioneira” en Galicia, en produción musical para todos os formatos audiovisuais, e representar unha “inspiración” para “as vocacións de moitos novos artistas”.

Este premio entregarase na gala dos Mestre Mateo, que se celebrará o vindeiro sábado 11 de marzo no Auditorio Municipal de Ourense, unha “cita obrigada”, segundo Jacobo Sutil, na que se dá unha “importante visibilidade” ao audiovisual galego.

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here