InicioCULTURAO mellor cinema feito por mulleres en 2021 e 2022 poderase ver...

O mellor cinema feito por mulleres en 2021 e 2022 poderase ver na Coruña

Publicada o

Por editor

No marco das actividades organizadas polo Concello da Coruña en torno ao día Internacional da Muller 2023, arrinca a I Mostra Internacional de Cinema por Mulleres A Coruña que terá lugar do 22 de marzo ao 2 de abril de 2023 nos Cantones  Cines,Centro Comercial Cantones Village. Con ela, preténdese achegar ao público da cidade unha selección dos máis recentes longametraxes internacionais e nacionais dirixidos por mulleres, realizados entre 2021 e 2022.

As 20 películas que se proxectarán formaron parte da Competición Nacional e Internacional da V edición do Festival de Cinema por Mulleres Madrid, que tivo lugar do 25 de outubro ao 6 de novembro do 2022. Entre elas, atópanse a multipremiada ‘Cinco Lobitos’ da directora española Alauda Ruiz de Azúa e ‘Estación Catorce’ da directora mexicana Diana Cardozo, gañadora da competición da V edición do Festival Cinema por Mulleres Madrid como Mellor Película de 2022.

As 10 longametraxes internacionais proveñen de Alemaña, Colombia, Eslovaquia, Estados Unidos, Dinamarca, Marrocos, México, Siria, Suecia e unha coprodución de Turquía e Ucraína.  A selección das 10 películas españolas, realizadas entre 2021 e 2022, tamén se compón de longametraxes multi-premiados e seleccionadas en diversos festivais como Valladolid-SEMINCI, o Barcelona FilmFest, o Festival de Sitges ou o Festival de Málaga, Cannes, Berlinale ou Sundance.

Trátase dunha variada selección de ficción-drama, comedia familiar, terror, experimental e documental, que ofrece ao público coruñés unha oportunidade única de porse ao día sobre a recente produción cinematográfica do noso país dirixida por mulleres”, indican os organizadores nun comunicado.

ÚLTIMAS

Pasea polo medio de Cambre cun machete de 45 centímetros de folla

AA Policía Local de Cambre denunciou a un mozo que paseaba pola contorna do...

Olladas doutro tempo: Panorámicas e Vidros

Os Castros sempre foi un mirador privilexiado, con certa altura e un ángulo grande...

O Muncyt recibe máis de 55.000 vistas anuais

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou a sede coruñesa do Museo...

Xulgan a un home acusado de formar parte dun grupo que roubaba vivendas en Oleiros, Bergondo, Sada e Sanxenxo

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará os días 3, 4, 5 e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here