InicioECONOMÍAA Coruña concentra case o 50% das sociedades mercantís en Galicia

A Coruña concentra case o 50% das sociedades mercantís en Galicia

Publicada o

Por editor

creación de sociedades mercantís en Galicia subiu un 5,6% en febreiro, en comparación co mesmo mes de 2022, ata situarse nas 396 compañías, 21 máis que hai un ano e 35 máis que en xaneiro, segundo a Explotación do Boletín Oficial do Rexistro mercantil (Borme) publicada este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE) e recollida por Europa Press.

En concreto, desta cifra 175 empresas foron constituídas na Coruña, supondo o 44,19% do total. Pontevedra contabilizou 149 novas compañías, seguida de Ourense, con 44, e de Lugo, con 28.

En canto a sectores, o 23,48% das firmas creadas en febreiro pertencen á rama do comercio. As seguintes actividades en importancia foron a hostalaría (co 15,15% das empresas constituídas), a construción (11,62%), as actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros (10,61%) e o resto de servizos (10,61%).

As sociedades constituídas en febreiro desembolsaron un capital total de 20,2 millóns de euros, un 39,26% menos que hai un ano e un 31,3% menos que en xaneiro de 2023. “A presenza do sexo masculino segue sendo maioritaria na creación de empresas, como en meses precedentes: 357 socios fronte a 130 socias en febreiro de 2023”, engadiu o IGE.

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here