InicioECONOMÍAA Coruña, a cidade onde máis crece o prezo da vivenda usada

A Coruña, a cidade onde máis crece o prezo da vivenda usada

Publicada o

Por editor

O prezo medio da vivenda usada en Galicia aumentou no mes de febreiro un 4% con respecto ao mesmo mes do ano anterior e un 1,3% en relación ao mes de xaneiro, segundo indicou o portal inmobiliario Fotocasa. Unha suba que foi moi importante na cidade da Coruña, que lidera o crecemento das urbes galegas.

Deste xeito, a vivenda usada sitúase en Galicia a 1.678 euros o metro cadrado, por baixo da media estatal onde o metro cadrado costa 2.086 euros. En tres das catro provincias galegas sobe o prezo interanual da vivenda no mes de febreiro. En Pontevedra o aumento é dun 5,8%, en Lugo de 5,7% e na Coruña do 3,1%, mentres que en Ourense descenden un 0,3%.

Así, Pontevedra colócase como a provincia cos prezos máis elevados co metro cadrado da vivenda usada a 1.997 euros o metro cadrado, seguida da Coruña con 1.657. Lugo e Ourense teñen o metro cadrado a 1.217 e 1.448, respectivamente.

DATOS POR CIDADES

De maneira detallada, por cidades o prezo medio da vivenda usada sufriu no mes de febreiro un aumento do 8,8% en Pontevedra, co metro cadrado a 1.939 euros. Con todo, A Coruña, cunha subida do 7,3%, é a cidade máis cara custando o metro cadrado 2.556 euros.

Nesta liña, Ourense, cun descenso interanual do 0,7% é a terceira cidade máis cara co metro cadrado a 1.543 euros , mentres Lugo conta cun ascenso dos prezos do 2,4% e o metro cadrado a 1.422 euros.

Así mesmo, o valor interanual da vivenda creceu por encima do 10% nalgúns municipios e destacan os casos de Bueu (26%), Poio (25,4%), Marín (13,3%), Cedeira con (13,25%) ou Viveiro (12,9%). Doutra banda, os dous maiores descensos interanuais de Galicia localízanse en Rianxo, cunha baixada dos prezos do 14% e Vilalba cunha do 10%.

ÚLTIMAS

Pasea polo medio de Cambre cun machete de 45 centímetros de folla

AA Policía Local de Cambre denunciou a un mozo que paseaba pola contorna do...

Olladas doutro tempo: Panorámicas e Vidros

Os Castros sempre foi un mirador privilexiado, con certa altura e un ángulo grande...

O Muncyt recibe máis de 55.000 vistas anuais

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou a sede coruñesa do Museo...

Xulgan a un home acusado de formar parte dun grupo que roubaba vivendas en Oleiros, Bergondo, Sada e Sanxenxo

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará os días 3, 4, 5 e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here