InicioCULTURAEste xoves saen as entradas do EMHU, un elenco co mellor humor...

Este xoves saen as entradas do EMHU, un elenco co mellor humor de todo o estado

Publicada o

Por editor

Menudos nomes que se albiscan para o Encontro Mundial de Humorismo 2023. Este xoves 9 saen ás entradas á venda para este festival no que poderemos ver e rir con xentes como Silvia Abril, Eva Hache, Dani Rovira, Eva Soriano, Ana Morgade, Pantomima Full, Javier Cansado, Touriñán, Ignatius Farray, Leo Harlem, @s Manuel Burque, Henar Álvarez e Quique Peinado que presentarán por primeira vez en Galicia ‘Buenismo Show’, ou as Carolina Iglesias e Victoria Martín, que gravarán un programa especial do seu podcast Estirando el chicle desde o castelo de Santo Antón.

O elenco fala por si mesmo, así que ide deixando a axenda libre do 28 de abril ao 7 de maio, para non perder un só evento deste programa impulsado polas produtoras Etiqueta Negra e El Espectador, e que conta co apoio do Concello da Coruña e Estrella Galicia.

Unha das caras novas será o arxentino Juan Barraza co seu “Garabato controlado”; así como a estrea absoluta de dous novos traballos de humoristas de Galicia: “As R(h)umorosas”, creado por Marta Doviro, Carmen Méndez e Ledicia Sola.
E como evento destacado, a proxección de ‘Amigos hasta la muerte’, a adaptación cinematográfica escrita e dirixida por Javier Veiga da exitosa obra de teatro, incluíndo un coloquio con Marta Hazas, David Amor e Xosé A. Touriñán.

As entradas das sesións de pago do EMHU 2023 sairán á venda o vindeiro xoves, 9 de marzo, a partir das 12.00 horas, na páxina web oficial do festival, www.emhu.es e na Ataquilla.com.

HORARIOS PROGRAMACIÓN DE PAGO EMHU 2023

Venres 28 de abril
21:30 horas | Teatro Colón: Buenismo Show (estrea en Galicia)

Sábado 29 de abril
17:00 horas | Teatro Colón: Sin datos no hay paraíso
22:00 horas | Pazo da Ópera: Humoris Causa

Domingo 30 de abril
16:00 horas | Castelo de Santo Antón: Estirando el chicle en un castillo
18:00 horas | Teatro Colón: Ignatius Farray: La comedia salvó mi vida
20:30 horas | Teatro Colón: Amigos hasta la muerte

Luns 1 de maio
19:30 horas | Teatro Colón: Juan Dávila: La capital del pecado 2.0 (estrea en Galicia)

Mércores 3 de maio
19:30 horas | Afundación: As R(h)umorosas (estrea absoluta)

Xoves 4 de maio
21:00 horas | Afundación: Ansia viva (estrea absoluta)

Venres 5 de maio
19:30 horas | Afundación: Juan Barraza: Garabato controlado (estrea en España)

Sábado 6 de maio
12:30 horas | Teatro Colón: La Ruina
22:00 horas | Palexco: Animus Iocandi (estrea absoluta)

Domingo 7 de maio
20:00 horas | Teatro Colón: Fantastic Colofon

 

ÚLTIMAS

Só ás couzas quedan na Casa Cornide

Non queda nada na Casa Cornide. O edificio, aínda propiedade dos Franco, pero en...

Ferroglobe presenta un ERTE para todo o seu persoal de 113 traballadores en Arteixo ata final de 2027

Ferroglobe, única produtora de silicio en España, presentou un Expediente de Regulación Temporal de...

Grande Amore, Ortiga, Océano Esquizo, Loita Armada ou Zavala, protagonistas do cada vez máis potente Lembranza Rock

Lonxe das iniciativas privadas dos Morriñas ou Recordas, atopamos o Lembranza Fest. Un Festival...

Entregan unha vivenda á nai ucraína con catro fillos á que aprazaron un desafiuzamento na Coruña

A nai ucraína con catro fillos, á que a semana pasada aprazaron un desafiuzamento...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here