InicioPOLÍTICAA Coruña, obxectivo prioritario de Ciudadanos para tentar resistir en Galicia

A Coruña, obxectivo prioritario de Ciudadanos para tentar resistir en Galicia

Publicada o

Por editor

Ciudadanos (Cs) Galicia traballa en Galicia, tras varios xiros de guión na súa dirección marcados tamén pola conxuntura do partido no ámbito estatal e abandonos nas súas filas, co foco posto nas eleccións municipais do 28 de maio e candidatos pechados ‘oficialmente’ ata o momento en tres das sete cidades galegas.  En todo caso, a provincia e a cidade da Coruña son prioritarias na estratexia de Cs para manter algo de poder municipal en Galicia.

Así o ratificou, en declaracións a Europa Press, a coordinadora de Cs en Galicia, Olga Louzao, que será, ademais, a aspirante á Alcaldía en Lugo. Confirmados están tamén Manuel Moinelo, ata agora concelleiro en Oleiros, para optar á Alcaldía da Coruña; e David Díaz, coordinador da agrupación local, en Pontevedra.

Máis aló deses tres, a preguntas de se dá por garantido que Cs presentará lista o 28M nas sete cidades galegas, Louzao replicou que, a día de hoxe, non está en condicións de dalo por feito. Aínda que niso se traballa “con moita ilusión” nas agrupacións locais.

Haberá que ver se atopamos os perfís adecuados. O que máis nos importa son os perfís”, indicou, antes de puntualizar que, aínda que o número será inferior ao de 2019, si haberá candidaturas en localidades máis pequenas que as cidades, “sobre todo nas provincias da Coruña e Lugo”. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A Fundación Érguete recibe o premio de Boas Prácticas da UNAD convertindo usuarios con adiccións en Axentes de Saúde

A Fundación Érguete-Integración vén de recibir o primeiro premio dentro do espazo de Boas...

Piden a revocación da DIA do Parque Eólico das Encrobas por “graves erros” na documentación

Coa mobilización do vindeiro 23 de abril xa no calendario, a comarca segue loitando...

  O vello asilo de anciáns reaparece na memoria da cidade

O edificio "Citania", propiedade de Vivienda Confort, na rúa Adelaida Muro, acadou nos últimos...

Incautados 235,60 Kg de ourizo

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña incautou 235,60 Kg de ourizos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here