InicioMOV. SOCIAISHomenaxe a Dani Fiaño Llerafo: “Un extraterrestre en Riazor”

Homenaxe a Dani Fiaño Llerafo: “Un extraterrestre en Riazor”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Débelle o club, débelle Riazor unha homenaxe. Hoxe é o seu tío, Carlos Llerafo, o que quere deixar unhas palabras que sirvan para manter vivo o legado de Daniel Fiaño Llerafo, finado hai apenas un par de semanas. Unha chama que segue moi viva, gracias a eventos nos que estaba traballando, por exemplo, a través do colectivo Sons de Breogán, promocionando unha das súas grandes paixóns, a música galega.

Así llo demostraron esta pasada fin de semana en Lugo, no concerto de Dakíadarría, no que lle brindaron unha homenaxe espectacular dende o alto do escenario.

Logo de SonsdeBreogán
Logo de SonsdeBreogán

”Un extraterrestre do Dépor

Canto se necesita unha homenaxe a este extraterrestre do Depor… Para contar a súa historia, para contar como era… como chegou ata o Parlamento… Ata sería un bo Ministro de Xustiza, como demostrou a súa continua loita por un mundo mellor e máis xusto.

Canto se necesita unha homenaxe para coñecer todo o que influíu en todas as persoas que o coñeceron, polo san que era. Para saber as mil cousas nas que estaba metido.

Canto se necesita unha homenaxe para coñecer o seu legado con Sons de Breogán.
A música galega era a súa paixón; o Depor, o seu orgullo; estar nas manifas todas, o seu traballo.

O Dépor era o seu orgullo dende que pistou Riazor hai case 20 anos.
Eu fíxeno socio hai case 20 anos, pero foi seu pai, Tino, o que o levou dende primeiro día a General, a ver partidos como aquel ante o Feyenor. E quedou “pillado” ca “grada”. Nunca quixo cambiar, e a pesar de que o club os mobilizou de lado, cando puido volveu detrás dos R&B.

O outro día, contra o Badaxoz, non estivo en Riazor, por primeira vez, pero estou seguro de que nos axudou coa manita, e o fará sempre, porque así era el, intentando axudar a quen máis o necesitara.

  • Carlos Llerafo Gómez.
DEPORTIVO DE LA CORUÑA EN EL GRAN HOTEL
Dani Fiaño con Fernando Vázquez

Novas relacionadas

ÚLTIMAS

Pasea polo medio de Cambre cun machete de 45 centímetros de folla

AA Policía Local de Cambre denunciou a un mozo que paseaba pola contorna do...

Olladas doutro tempo: Panorámicas e Vidros

Os Castros sempre foi un mirador privilexiado, con certa altura e un ángulo grande...

O Muncyt recibe máis de 55.000 vistas anuais

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou a sede coruñesa do Museo...

Xulgan a un home acusado de formar parte dun grupo que roubaba vivendas en Oleiros, Bergondo, Sada e Sanxenxo

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará os días 3, 4, 5 e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here