InicioOPINIÓNA trama do servizo da limpeza tamén ten connotacións políticas

A trama do servizo da limpeza tamén ten connotacións políticas

Publicada o

Por Ricardo Vales

A alcaldesa considera nun exceso de pragmatismo que o Concello non debe abrir nengunha liña de investigación que contribúa a clarificar a trama deseñada polo Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL), baixo o pretexto de que, polo de agora, é un proceso que se circunscrebe únicamente ás esferas polícial e xudicial. Mais é unha xustificación insuficiente.

Evidentemente, todos os casos de presunta corrupción corréspondelle sentencialos á xustiza, mais non hai que esquecer que o servizo de recollida de lixo absorbe a maior cuantía do presuposto municipal e polos datos que se van coñecendo estamos diante dun entramado que  apunta directamente a unha connivencia entre o STL e as empresas adxudicatarias do servizo, supostamente para garantir a paz social logo dos conflitos acaecidos nos últimos anos e que puxeron a cidade patas arriba.

Colectores do lixo a rebordar durante unha folga de limpeza na Coruña / M. Dylan – Europa Press – Arquivo

Polo tanto, é tamén un conflito con evidentes connotacións políticas e con grande influenza na vida da cidade que reflicte, ao tempo, a enorme capacidade dun sindicato para texer na sombra toda unha rede de corrupción, estafa e branqueo de capitais, de acordo coas indagacións policiais, a través de prácticas alleas a calquera consideración que se poida ter do traballo sindical e máis próximas ás da unha organización de carácter mafioso. Constitúe, na práctica, o secuestro por parte da cúpula dun sindicato de decisións tan importantes como a contratación do propio personal da limpeza e a rendición dos seus dirixentes a unha excesiva utilización dos cargos para  seleccionar aos aspirantes en función de adhesións incondicionais ou lealdades deica ao cadro dirixente. Toda unha oficiña de colocacións que permitiu incrementar o patrimonio dos seus dirixentes a unha velocidade de vértigo e sospeitoso aos ollos dos cidadáns. Actitudes que remiten á desolación e á indignación.

A democracia implica un contido ético por parte de todas as concesionarias que prestan servizos ó Concello e ao Concello correspóndelle fiscalizar o bo uso do diñeiro dos contribuíntes, á marxe das responsabilidades directas que poidan recaer sobre os investigados a través das pesquisas xudiciais, aínda en fase de instrucciónl .

Para elo, convendrían algunhas reformas con vistas a abordar o proceso de contratación do personal con criterios claros de oportunidade e de eficacia que permitan enfrontar os retos futuros, evitando todo tipo de complicidades e dándolle maior autenticidade á transparencia, principalmente para impedir calquera tendencia á hipotética aparición de desaprensivos que colocan o seu propio interés en lugar do da comunidade á que serve.

Ricardo Vales é expresidente da Asociación Veciñal de Atochas-Monte Alto e responsábel de Comunicación do Foro Cívico e da plataforma cívica Defensa do Común

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here