InicioBARRIOSOlladas doutro tempo: San Amaro (1920)

Olladas doutro tempo: San Amaro (1920)

Publicada o

Por Fernando Campos Mantiñán

Esta fermosísima fotografía de Juan Cancelo amósanos o Castelo de San Amaro en 1920.
Un castelo en San Amaro? Pois sí, e moito máis antigo que o de San Antón. As crónicas confirman que cando desembarcou na cidade Juan de Gante, duque de Lancaster, no 1386 o castelo xa existía. Tan sonado personaxe -fillo de Enrique III de Inglaterra e irmán do Príncipe Negro- chega a Coruña ó mando dun exército inglés coa intención de acadar a coroa castelá, no marco da famosa Guerra dos Cen Anos. Polo medio, a guerra de sucesión entre Pedro I “O Cruel” -ou “o Xusticieiro, segundo o bando- e o seu medio irmán Enrique de Trastámara. Pero todo isto é outra historia.

O caso é que non sabemos moito do edificio antes da citada data, pero vemos que o castelo podería terse edificado a finais do sécuo XIII, ou ben ós comezos do XIV, segundo diversas opinións. O que sí sabemos a ciencia certa é cando desapareceu. Foi en 1951. É curioso que se derrubase nesta data, pois dende o 22 de abril de 1949 existía un decreto sobre protección de castelos, que recollía no seu artigo primeiro: “Tódolos castelos de España, calquera que sexa o seu estado de ruina, quedan baixo a protección do Estado, quen impedirá toda intervención que altere o seu carácter ou poida provocar o seu derrubamento”.

O fotoperiodista coruñés Juán Cancelo atrapa esta imaxe que nos traslada no tempo ata a época na cal as impoñentes ruinas destacaban na ensenada de San Amaro. Tralo seu derribo, ocuparía o seu mesmo lugar o edificio do Club del Mar.

FERnando-campos

  • Fernando Campos. Coruñés ata a médula e fanático da Historia, sobre todo se esa Historia é coruñesa. Máis de quince anos impartindo obradoiros culturais coma “Un paseo pola cidade”, “Personaxes da cidade” ou “ A Cidade Perdida” no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora.

ÚLTIMAS

Rueda confía en que os murais de Lugrís queden no patrimonio púbico

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, trasladou a súa confianza en que...

O alumnado do IES Durmideiras crea un dos carteis gañadores do certame escolar do #8M

Vén a Xunta de outorgar os premios da sétima edición do concurso de carteis...

Moncho Mariño rescata, na Livraría Suevia, a historia dos fanzines en Galicia

”La Hormiga Enana”, Camello (feito polos internos da antiga prisión provincial) ou “Uso Externo”...

Logista inaugura unha nova nave no polígono de Morás, operativa desde este sábado

A compañía de loxística Logista, a través da súa rede de transporte capital a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here