InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOPiden a revocación da DIA do Parque Eólico das Encrobas por “graves...

Piden a revocación da DIA do Parque Eólico das Encrobas por “graves erros” na documentación

Publicada o

Por editor

Coa mobilización do vindeiro 23 de abril xa no calendario, a comarca segue loitando contra a invasión eólica. Desta volta é a Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo a que pelexa contra o parque eólico das Encobras, promovido por Naturgy e que afecta aos concellos de Carral, Cerceda e Ordes.

A entidade vén de enviar un escrito á Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático” da Xunta de Galicia, María Sagrario Pérez Castellanos, denunciando que a Declaración de Impacto Ambiental “carece, en varios aspectos sustanciais, de veracidade e validez técnica ó igual que os documentos que serviron para integrala (informes sectoriais e documentos orixinais do promotor), non tendo en conta, ou facéndoo de xeito sesgado e errado, profundas afeccións á saúde, ó patrimonio natural, á paisaxe, e ó patrimonio cultural, do Val de Barcia e o Monte Xalo”.

A veciñanza pídelle que “coma responsable que é da aprobación da DIA, que tramite a revocación da DIA, e tramite de novo a súa confección requerindo presentación de documentación correcta por parte do promotor (proxecto sectorial, proxecto constructivo, estudo de impacto ambiental) e de informes correctos polas Administracións informantes”.

A entidade adxúntalle tamén os informes da D.X. de Saúde Pública, D.X. de Patrimonio Natural, D.X. de Patrimonio Cultural, Instituto de Estudos Territoriais, que “demostran como a documentación aportada por Naturgy (particularmente o Estudio de Impacto Ambiental) está plagada de erros e sesgos (e incluso flagrantes falsidades) pasados por alto ou aceptados polas respectivas Administracións informantes”.

Explican por exemplo que a DIA sinala que os eólicos simulados no proxecto son de arredor de 70m cando a realidade é que van ser de 200 m (coma a “cheminea alta” da Central Térmica de Meirama demolida hai poucos días, que tiña 204”).

A entidade asegura que de non obter resposta comezarán coas accións xurídicas.

Novas relacionadas

ÚLTIMAS

A poeta Luz Fandiño e a cooperativa A Morada, premio ‘Begoña Caamaño’ da Deputación da Coruña

A poeta Luz Fandiño e a cooperativa A Morada gañaron o premio 'Begoña Caamaño'...

Manuel Segade, proposto como novo director do Museo Reina Sofía

O Ministro de Cultura e Deporte, Miquel Iceta, elevará mañá ao Consello de Ministros...

A defensa do acusado de matar na Coruña a un home ao que debía diñeiro alega ausencia de probas

A defensa do home acusado de matar na Coruña, no Barrio das Flores en...

Jorquera: “Ao BNG non lle valen catro anos máis do mesmo””

A Asemblea Local do BNG reúnese este mércores para avaliar os resultados electorais e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here