InicioSOCIEDADE“Sempre pensamos na conciliación das familias, pero as traballadoras das Escoliñas tamén...

“Sempre pensamos na conciliación das familias, pero as traballadoras das Escoliñas tamén son nais e pais”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este vindeiro luns 3 de abril entra en vigor a ampliación a 8 horas diarias gratuitas no servizo da rede de escolas infantís municipais. Xa co prazo de inscrición aberto de cara o curso que vén, as nosas Escoliñas afrontan o cambio como un desafío.

Os 8 centros que integran a Rede de Escolas Infantís Municipais REIM (A Caracola (Novo Mesoiro), Agra do Orzán, Arela (Elviña), Carricanta (O Castrillón), Os Rosales, Luis Seoane (Monte Alto), Monte Alto e Os Cativos (Palavea)) terán que abrir, sen custe para as familias, ata de 9:00 a 17:00h (ata o de agora o servizo de 15:00h a 17:00h era de pago).

Se ben aínda non se sabe a influencia que terá o novo horario (haberá que ir vendo a cantidade de familias que deciden ampliar nesas 2 horas a estancia nos centros das súas criaturas de 0 a 3 anos), a situación pode provocar certos problemas nos horarios das mestras, ou nos nos calendarios de vacacións. “Sempre pensamos na conciliación da vida laboral e familias dos pais e nais, pero as traballadoras tamén son nais e pais e tamén necesitan conciliar”, sinalaban por exemplo dende a Escola Infantil Municipal (EIM) A Caracola, no barrio de Novo Mesoiro, na visita que lles brindou o candidato de Podemos, Esquerda Unida e Alianza Verde á alcaldía da Coruña, José Manuel Sande.

A situación que se agrava ademais pola presión exercida sobre as Escoliñas tanto pola Xunta como polo Concello da Coruña, debido á falta de comunicación entre ambas administracións.

Os pagamentos a mes vencido.

A realidade é que a día de hoxe hai nerviosismo entre o persoal polo que vai pasar. Un nerviosismo aumentado polo cambio no cobro que están vivindo as traballadoras das escolas, que pasaron nestes últimos meses de cobrar a comezos de mes a cobrar a mes vencido.

A circunstancia vén do procedemento de reversión das concencesións das Escolas Infantís realizadas a finais do ano pasado. Debido á suba salarial, a aportación municipal que daba o Concello ás empresa non chegaba para cubrir os custes polo que as 8 propiedades decidiron revertir as concesións e pasar a ofrecer contratos por servizos. Deste xeito as Escolas (dirixidas nunha gran parte por mestras que decidiron no seu momento lanzarse á aventura da autónoma) pasan a cobrar a mes vencido, o que finalmente revirte na data das nóminas dos traballadores.

A situación económica das escoliñas ten ademais unha herencia complicada dos tempos de pandemia. Coas escoliñas pechadas, moitas tiveron que pedir un crédito ICO para seguir pagando ás súas traballadoras, provocando uns números negativos que van paliando pouco a pouco. Esta circunstancia sumada ao depósito que tiveron que poñer na sinatura do último contrato fai que a costa arriba das Escoliñas tarde en enderezarse.

Se ben unhas son máis combativas, outra moitas vén con positivismo o futuro inmediato, e esperan adaptarse ás circunstancias o máis rápido posible.

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here