InicioCULTURAA Panadaría e o PT Excéntricas triunfan nuns reivindicativos Premios María Casares

A Panadaría e o PT Excéntricas triunfan nuns reivindicativos Premios María Casares

Publicada o

Por editor

Acolleu esta pasada noite o Teatro Rosalía de Castro a gala dos XXVII Premios de Teatro María Casares. Unha galadirixida por Marcos Ptt e conducida por Natalia Outeiro ‘Pajarito’, Arturo Cobas, Johanna Hesse, Álvaro Fitinho, Beatriz Rubio, Ezra Moreno e o propio Ptt, chea de humor, de ironía e de novo circo no que o protagonismo se centrou nos oficios invisibles da escena e nos xéneros escénicos que se sitúan ás marxes do teatro convencional.

Unha gala combativa, na que Xosé Barato, presidente da AAAG, deixando claro que “o teatro é político ou non o será”, como dicía a propia María Casares, lamentou que a TVG leve 5 anos sen retransmitir a cita máis importante do teatro galego, o cal considerou como “unha anomalía e unha falta de respecto”. Ademais, no seu discurso, trasladouse a “solidariedade” da AAAG “con todo aquel que se mobiliza baixo un lema claro: Por uns medios públicos de calidade, por uns medios públicos sen manipulacións”.

Cloti Vaello, premio de honra
Cloti Vaello, premio de honra

Os premios

‘As que limpan’, de A Panadaría, faise con catro galardóns (espectáculo, dirección, actriz protagonista e texto orixinal) mentres que ‘O porco de pé’, de Producións Teatráis Excéntricas leva tres (adaptación-tradución, actor secundario e vestiario)

‘Ás oito da tarde, cando morren as nais’, do Centro Dramático Galego, acada dous premios (dirección de movemento e espazo escénico), igual que ‘Smoke on the water’, de Ibuprofeno Teatro (actor protagonista e espazo sonoro), e ‘O deus do pop, de Diego Anido (iluminación e tamén dirección de movemento)

‘A nena que vivía nunha caixa de mistos’, de Caramuxo Teatro, gaña no apartado de mellor espectáculo infantil e ‘Xela contra o Dragón Traga-verbas’, na nova categoría de espectáculos de monicreques, obxectos e figuras animadas.

Josito Porto
Josito Porto foi o mellor actor protagonista

En resumo, gañadores/as por categoría:

  • MAQUILLAXE: Diego Valeiras por Papagena, de ButacaZero
  • VESTIARIO: Carlos Alonso por O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas
  • ILUMINACIÓN: Montse Piñeiro, Raquel Hernández e Pedro Fresneda por O deus do pop, de Diego Anido
  • ESPAZO ESCÉNICO: Blanca Añón por Ás oito da tarde, cando morren as nais do CDG
  • ESPAZO SONORO: Mon Orencio por Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro.
  • ADAPTACIÓN-TRADUCIÓN: Quico Cadaval e Pepe Sendón por O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas.
  • TEXTO ORIXINAL: Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro por As que limpan, de A Panadaría
  • ACTOR PROTAGONISTA: Josito Porto por Smoke on the water, de Ibuprofeno Teatro.
  • ACTRIZ PROTAGONISTA: Noelia Castro por As que limpan, de A Panadaría.
  • ACTRIZ SECUNDARIA: María Roja por A peste, do Centro Dramático Galego
  • ACTOR SECUNDARIO: Evaristo Calvo por O porco de pé, de Producións Teatráis Excéntricas.
  • DIRECCIÓN: Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro por As que limpan, de A Panadaría
  • DIRECCIÓN DE MOVEMENTO: Premio ex aequo a Rut Balbís por As oito da tarde, cando morren as nais, do CDG, e a Diego Anido e Guillermo Weickret por O deus do pop.
  • ESPECTÁCULO: As que limpan, de A Panadaría.
  • ESPECTÁCULO INFANTIL: A nena que vivía nunha caixa de mistos, de Caramuxo Teatro
  • ESPECTÁCULO DE MONICREQUES, OBXECTOS E FIGURAS ANIMADAS: Xela e o Dragón Traga-Verbas, de Títeres Cachirulo.
Maria Casares 23-María Roja
María Roja

 

 

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here