InicioDEPORTESO Liceo Feminino, outra vitoria na Liga e este sábado polos Cuartos...

O Liceo Feminino, outra vitoria na Liga e este sábado polos Cuartos da Champions

Publicada o

Por Fernando Campos Mantiñán

As rapazas do Deportivo Liceo chegan á recta final da tempada lanzadas na disputa de tres competicións. 

O rendemento das verdibrancas este ano está sendo moi alto.  Onte pola tarde gañaron 4-1 ó colista, o Alpicat e marchan sextas na táboa da OK Liga Iberdrola a falta de tres xornadas para o remate da fase regular. Inflúe moito nesta boa clasificacion o acerto de cara a porta dalgunhas das súas xogadoras. Por exemplo,  os 20 goles de Alba Garrote colócana polo momento como cuarta anotadora da competición. E os 18 tantos de María Sanjurjo, a nosa campiona do Mundo, deberían poñela outra vez na lista das xogadoras convocables coa selección española.

Ademáis, o vindeiro mes de maio, xogarán a Copa da Raíña en Calafell, do 10 ó 13. Competición a eliminatoria directa, entre os oito mellores equipos de España. Emoción asegurada.

Pero, como novidade, este ano al liceístas están facendo historia na Champions femenina. Este sábado saltarán ó parqué de Riazor para disputar os cuartos de final do torneo continental. Enfronte, nada menos que o Palau Plegamans, o actual campeón de Europa, con varias xogadoras internacionais nas súas fias. Non será doado, pero estas rapazas son quen de amargarlle-lo día a calquera. Dende aquí brindámoslles todo o apoio e desexámoslles toda a sorte do mundo, pois son merecedoras disto e moito máis. 

O que por suposto que non merecen, é que o vindeiro ano o Liceo se desfaga da súa sección femenina, como estivo anunciando estos días. 

 

  • Fernando Campos Matiñán. Comecei a xogar ó hóckey sobre patíns no Liceo ós 8 anos.
    Licenciado en CC. Da Actividade Física e o Deporte no INEF de Galicia. Entrenador e preparador físico de varios clubes (INEF Galicia, CP. Ordenes, EMH Cee, HC Liceo) Actual entrenador do Colexio Obradoiro.

MÁIS NOVAS DE HOCKEY

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña prepara os trámites para a intervención na vivenda tras declararse mercado tensionado

O Concello da Coruña ultima os trámites para actuar no mercado do aluguer tras...

Investigan un aviso de bomba no CHUAC que acabou sendo unha falsa alarma

A Policía Nacional investiga a autoría dun aviso de bomba no complexo hospitalario coruñés...

Xuíces da Coruña rexeitan crear unha praza de Violencia sobre a Muller “a costa” de Instrución

Xuíces e xuízas dos órganos de Instrución da Coruña alertaron de "prexuízos moi considerables"...

O BNG da Coruña pide a cancelación do concerto de Diego ‘El Cigala’, condenado por violencia de xénero

O BNG pediu ao Concello da Coruña que cancele a actuación de Diego 'El...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here