InicioCAMBREA cambresa Alba Rodríguez García gaña o 2º evento do Poetry Slam...

A cambresa Alba Rodríguez García gaña o 2º evento do Poetry Slam Carral

Publicada o

Por Xosé Manuel Fernández

Na noite do xoves 30 de marzo tivo lugar na Taberna Lume e Ferro o 2º evento do Poetry Slam Carral 2023. Tal e como aconteceu no evento do mes de febreiro, o local estivo totalmente cheo de público que apoiou incondicionalmente os 15 poetas que participaron e entre os que se atopaba a madriña do evento, Luz Fandiño. Entre as partipantes, hai que destacar as achegas de varias alumnas e alumnos do IES David Buján que compartiron a súa poesía cos asistentes.

Do alumnado deste Instituto saíu a gañadora deste segundo evento, Alba Rodríguzez García, de Sigrás, no concello de Cambre, que emocionou a todo o mundo co seu poema e o seu xeito de recitalo.

Alba acompañará a Lucía Ugarte (@debajodelapalmera) na gran final do Poetry Slam Carral 2023. Para poñerlle música ao evento, esta vez tivemos a grande honra de contar con Sheila Patricia, que presentou algúns temas do disco Orixe, que podedes adquirir a través da súa páxina web (https://sheilapatricia.es/). Dende a organización do Poetry Slam, agradecémoslle de corazón a súa disposición e colaboración.

Xa están abertas as inscripcións para o 3º evento do Poetry Slam Carral 2023, que terá lugar o xoves 27 de abril, como sempre, na Taberna Lume e Ferro. Para inscribirvos só tedes que mandar un correo á dirección aeclacrar1@gmail.com cos vosos datos de contacto: Nome e Apelidos, correo e número de teléfono.

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here