InicioCULTURAO festival Istmo para colocar A Coruña no panorama da arte urbana

O festival Istmo para colocar A Coruña no panorama da arte urbana

Publicada o

Por editor

Xa temos datas para o festival Istmo, un evento de arte urbana que pretende servir como “motor rehabilitador, cultural, social e económico para a cidade, mediante a rexeneración urbana”.

Seis prestixiosos muralistas chegados de diferentes lugares do mundo acodirán á chamada municipal para a primeira edición deste proxecto que pon o graffiti como protagonista e o marida cunha festa musiqueira.

Estas distintas accións levaranse a cabo do 13 ao 23 de abril, por unha selección de artistas do máis destacado do panorama internacional, nacional e galego. A dita selección está formada por: Miguel Peralta (Andalucía), Sekone (Galicia), Peeta (Italia), Alba Fabre
(Cataluña), Mr. Sortwo (Euskadi) e Iria Fafián (Galicia). Os espazos escollidos para a creación dos diferentes murais serán: a praza das Conchiñas, CEIP María Barbeito, CEIP Alborada, Escola Municipal de Música, Piscina Municipal de Riazor e CEIP Rosalía de Castro.

O evento complétase cunha xornada musical no parque de Santa Margarida, unha xornada gratuíta na que se reúne unha mostra da música urbana máis actual coa fusión tradicional e electrónica de Fillas de Cassandra, o trap sen complexos de Boyanka Kostova ou un dos máis destacados artistas do hip hop nacional como é Bejo.
Todo isto acompañado dunha exhibición de pintura ao vivo de dous artistas destacados do panorama galego como son Nove Noel ou Yoe33.

ÚLTIMAS

Sindicatos convocantes da folga de hostalaría na Coruña solicitan a mediación do Consello de Relacións Laborais

Os sindicatos UXT, CIG e CCOO, convocantes da folga de hostalaría na provincia da...

Aplican agravante por discriminación por ameazar e tocar os peitos a unha muller na Coruña

A Sección Penal do Tribunal de Instancia da Coruña, praza 3, aplicou a agravante...

A A.V. Agra rexistrou unha alegación colectiva asinada por 5.800 persoas contra os edificios do Parque da Agra

A Asoc. Veciñal Agra presentaba esta mañá de martes 4 de agosto unha alegación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here