InicioOPINIÓNCamposanto de Santo Amaro: a morte como negocio

Camposanto de Santo Amaro: a morte como negocio

Publicada o

Por Ricardo Vales

O cemiterio de Santo Amaro conserva para as coruñesas e coruñeses todo o encanto e o esplendor dun recinto catalogado como BIC (Ben de Interese Cultural) que conmove e atrae a propios e extraños. Non resulta difícil atopar constantes referencias históricas que alternan con oportunos e valiosos comentarios destinados a ilustrar aínda máis a trascendencia do camposanto coruñés por excelencia. Agora, cando cumpre 211 anos, a escasez de nichos e o cada vez menor número de interesados en desprenderse deles, obriga a moitos coruñeses a facer ímprobos esforzos para atopar a alguén decidido a cerrar unha operación de compra-venda. Moitos poden agardar varios anos á espera dunha oportunidade. Así que un rápido repaso polas redes de anuncios e portais inmobiliarios reflicte o difícil que é estabelecer a liña divisoria entre a ampla gama de posibilidades: “Nicho amplio y bien situado”, “Nicho en la tercera hilera que dispone de título original”, “Nicho en el segundo departamento con capacidad para dos cajas”, aínda que tamén entran outras variantes como se está baleiro ou non, ou as facilidades para acceder ao mesmo no sentido de si hai que empregar escada ou non. Os prezos poden oscilar entre os 5.000 e os 18.000 euros, según a capacidade económica do comprador e as necesidades urxentes do vendedor. Claro que según algunhas testemuñas, a economía de moitos non da para tanto. A morte sempre como un prezo indesmentíbel. É difícil descifrar sobre que precisos fundamentos se plasma ese desmedido interés para que as cinzas ou os restos de alguén reposen no cemiterio de Santo Amaro, sexa un nicho, unha tumba, un cinzeiro ou un panteón. Para algúns é algo de enorme valor, algo así como un símbolo de patriotismo coruñés. Quizá teña algo que ver co que decía Lars Gyllensten, na súa novela, In Memoriam, “Las mil vidas nunca serán vividas. Vivimos muchas vidas y morimos mucha muertes”.

Tumba de Manuel Murguía no cemiterio de San Amaro / Galipedia
O caso é que o problema empezou a principios dos 80, cando o Concello decidiu clausurar o camposanto de Santo Amaro, circunstancia que obrigou a quenes non tiveran o nicho en  propiedade a atopar a alguén disposto a venderlle o seu. Sirva como exemplo clarificador o feito de que un nicho adquirido en propiedade ao Concello en 1972 por 5.500 pesetas, según consta no título de propiedade da época, foi vendido por 40.000 pesetas entre particulares en 1983. Comenzou entón un longo calvario, agravado aínda máis porque o Concello non inscribía a propiedade a nome do novo titular, polo que en caso de necesidade o Concello non aseguraba a súa apertura. Ese si era o problema para os novos adquirentes. Así que para solventar a papeleta recurríase á formalización dunha escritura de compra-venda outorgada polo vendedor a favor do comprador, trámite que se completaba cun poder notarial no que o vendedor facultaba ao comprador a administrar con amplas garantías a propiedade, así como a ordenar e consentir enterramentos e inhumacións. Para asegurar aínda máis as garantías municipais  dunha futura apertura, os vendedores facilitaban aos compradores varias fotocopias dos seus DNI. As protestas tomaron folgos ata que a entón tenente-alcalde de sanidade e Consumo, Pilar Valiño, ordenou en 1993 a inscripción definitiva a nome dos novos propietarios, previo pago das tasas correspondentes e a presentación das escrituras acreditativas de compra-venda.
Como a escasez de nichos inflúe poderosamente nos prezos elevados e como os hipotéticos vendedores non abundan, o Concello viuse na necesidade de ampliar no seu día o número de nichos en 304, fronte ao mar dos Pelamios. Unha intervención que Sanidade e a Dirección Xeral de Patrimonio consideraron ilegal e que motivou a orde de derrubo desas construccións. Unha proposta costosa e fracasada Un percorrido polo camposanto produce a sensación de que hai un bo número de nichos en estado de abandono e, previsibelmente, sen propietarios actuais. De aí, a necesidade que prantexan algúns de actualizar o censo desas propiedades por parte do Concello. Mentres tanto, os que aínda conserven esa tentación irresistíbel de seguir a procura dunha propiedade no cemiterio de Santo Amaro non deben esquecer que o cambeo de titularidade responde, únicamente, ao concepto dunha transmisión intervivos a título gratuito, polo que o que se vende é, simplemente, a concesión. En definitiva, o case misterio en que se torna todo este entramado complexo de facerse cunha propiedade nun camposanto no que a imaxinación, a literatura e a lenda sitúan nun espazo máxico, é algo que cecais moitos dos mortais sexan incapaces de explicar.

ÚLTIMAS

Olladas doutro tempo: Santa Cristina

A Pasaxe da Foz era o nome que se empregaba antigamente para referirse ó...

O traballadores da limpeza de Cambre e Culleredo volveron levar ás rotondas as súas reivindicacións laborais

Volve a actualidade conflito laboral en Jardincelas. Lonxe de solucionarse, o conflito laboral dos...

“Aquí tamén se fala” convértese en Festival!

Impresionante o traballo normalizador que está a realizar o IES Rafael Dieste. Co alumnado...

Esquerda Revolucionaria acusa ao PP da Coruña de ser coma Vox por tentar prohibir un acto sobre Lenin

A portavoz de Esquerda Revolucionaria na Coruña, Beatriz García, denunciou unha "campaña matonil" do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here