InicioCULTURAA música galega de vangarda é protagonista co ciclo VANGAL e o...

A música galega de vangarda é protagonista co ciclo VANGAL e o Festival RESIS

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O ciclo cultural VANGAL de música de vangarda galega comeza este venres na Fundación Luís Seoane cunha serie de actuacións e coloquios durante a fin de semana.

6 artistas actuais do panorama do folclore galego como Fillas de Cassandra, Sheila Patricia, MounQup, Faia, Teresa Ferreiro e Laura LaMontagne e PicoAmperio actuarán na Fundación. De forma paralela, poderase ver a exposición “Colección Autóctona” de Teresa Ferreiro, ademais de diferentes charlas das artistas convidadas.


A entrada ás diferentes actuacións e actividades do ciclo é de balde ata completar a capacidade. Este é o programa:

  • Venres 14 | Faia (21.00 h) e Teresa Ferreiro (22.15 h)
  • Sábado 15 | Laura LaMontagne & PicoAmperio (21.00 h) e MounQup (21.00 h)
  • Domingo 16 | Sheila Patricia (19.00 h) e Fillas de Cassandra (20.15 h)

Ademais das actuacións, haberá dúas charlas de Faia e MounQup baixo o título “Ta mère la saltimbanque” na que falarán sobre os procesos creativos e os coidados vinculados á nai na
música. Serán no recibidor da Fundación Luis Seoane este venres 14 e o sábado 15 respectivamente, ás 20.00 horas.

FESTIVAL RESIS

Esta fin de semana tamén arrinca o festival RESIS. Un festival que traerá de aquí a finais de maio nove concertos, sete estreas e diferentes actividades como proxeccións, instalacións sonoras…

Este xoves haberá arrincou o festival co concerto de Grapefruit Book, no Árbore da Veiga e o sábado ás 20:30h, Still actúa no Palexco.

Podedes ver aquí o programa do Festival RESIS.

FESTIVAL ITSMO

Tamén arrinca o festival de arte urbana ITSMO. A partir de hoxe podedes ir vendo os artistas traballando nas zonas escollidas para albergar os murais: a praza das Conchiñas, CEIP María Barbeito, CEIP Alborada, Escola Municipal de Música, Piscina Municipal de Riazor e CEIP Rosalía de Castro.

O festival Istmo para colocar A Coruña no panorama da arte urbana

 

Máis novas

ÚLTIMAS

O festival Mar de Mares converterá A Coruña en xuño na “capital mundial dos océanos”

O festival Mar de Mares converterá á cidade da Coruña en xuño na "capital...

A unidade móbil quirúrxica da Fundación Diego González Rivas, única no mundo, xa é unha realidade

Era un soño hai apenas un ano cando a Fundación Diego González Rivas presentaba...

Preguntan polo estado dos proxectos das Bibliotecas de Novo Mesoiro e Palavea

No marco do falso proceso de unificación, a Rede de Bibliotecas tiñan como obxectivo...

Efectivos policiais desprázanse á Ronda de Nelle na Coruña por unha falsa alarma en relación a unha arma

Efectivos policiais desprazáronse este xoves á zona da Rolda de Nelle, na Coruña, por...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here