InicioDEPORTESOs pecados de Cano

Os pecados de Cano

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 32 (16/04/23)
  • Ferrol – Depor (0 -0) – 3º clasificado, en playoff de ascenso
  • 25º partido de Oscar Cano (13V 7E 5D), a 4 puntos do líder Alcorcón

—-

Moitos son os pecados que se lle poden adxudicar a este Cano. O máis importante é que o Depor, restando seis partidos, está fora da loita polo liderato e que lle vai costar manter a praza polo playoff. Esta é a situación a día de hoxe pola nefasta xestión de Cano do plano emocional dos xogadores.

O Depor é un equipo que non se cre capaz de achegarse ó liderato. Leva perseguindo esta praza todo o campionato e só foi quen de ocupalo por horas. Nin por unha xornada. Xa mencionamos noutras ocasións o esgotamento mental que supón o de sentirse eterno perseguidor, que cando tes que asumir o papel de líder, treman as pernas e falla a cabeza. A xestión mental desta situación é cousa do adestrador.

Por outra banda, o Depor é nulo fóra da casa, xa que dos 7 partidos disputados fóra de Riazor só acadou unha vitoria en Talavera (0-1), catro empates e dúas derrotas que coinciden cas dúas saídas previas á de onte a Ferrolterra. O desastre visitante enténdese mellor co balance goleador a domicilio: catro goles a favor en sete partidos fóra da casa, metendo dous deles no primeiro partido da segunda volta como visitante en San Fernando. É dicir, 2 goles fóra da casa dende o 30 de xaneiro. Terrible dato para un equipo que aspira a ser líder. Este traballo tamén e cousa do adestrador.

Outro pecado de Cano é a incapacidade para modificar o plantexamento dun encontro. Estou farto de ver que a única alternativa ofensiva dun equipo que necesita gañar é sacar seis dianteiros. Isto non é serio. Como tampouco é serio, que non haxa a mínima autocrítica sobre a xestión das titularidades e suplencias. Onte Arturo erra a ocasión máis clara do partido porque non ten ritmo de competición. Porque non está acostumado a pelexar por ese tipo de rexeites, porque non se entende cos compañeiros, porque se ve perdido no campo. E, claro está, este é traballo do adestrador.

Moitos pecados e nula mellora da situación competitiva dun Depor abocado o playoff. Sufrir e tente teso.

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

ÚLTIMAS

As persoas en semiliberdade do CIS afondan na súa sensibilización ambiental

Continúa medrando o proxecto Entre Crebas, que está a convertir ás persoas que cumplen...

54 centros de ensino participarán no Día da Ciencia na Rúa

O Día da Ciencia na Rúa volverá ser unha realidade o vindeiro 4 de...

O Depor activa o modo ascenso

Xornada 33 – Deportivo 2 – 0  Cultural Leonesa Unha semana máis, un...

O Día do Libro celébrase co 150 aniversario de Picadillo, o gran supervendas da cociña

Vai coñecendo a xente da Coruña, e de Arteixo, a historia Manuel Puga y...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here