InicioMOV. SOCIAISLevando, dende Coruña ao mundo, a ciruxía minimamente invasiva

Levando, dende Coruña ao mundo, a ciruxía minimamente invasiva

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Emoción máxima a vivida esta tarde de xoves na presentación oficial da Fundación Diego González Rivas. O Work Café Santander acollía un acto cheo de sentimentos, nos que o Doutor Diego explicou para que nace esta entidade solidaria.

Recén chegado de Bosnia, de operar a un rapaz que levaba 8 anos cun tumor carcinoide de lento crecemento, quixo amosar os obxectivos principais cos que nace a Fundación: achegar a ciruxía minimamente invasiva de pulmón a todo o mundo.

Porque a súa técnica revolucionaria, Uniportal Bats, creada na Coruña, xa está en 192 países. Pero as diversas problemáticas coas que se atopa o Dr. Diego cando viaxa por algún dos 129 países nos que ten operado, fíxolle intentar atopar solucións para superar as graves carencias de material. “Nin unha compañía médica quere investir en África”, recoñece.

De aí que o primeiro desafío sexa crear unha Unidade móbil coa que poder operar con todas as garantías en calquera lugar do planeta. “Nunca se fixo algo así”, sinala o Doutor. “Hai unidades móbiles militares, que operaron en guerras para ciruxia aberta, pero non hai ningunha de ciruxía pechada de pulmón”.

Diego recoñeceu que están “sorprendidos” co interese que está xerando a Fundación, non só en España, senón en todo o mundo, con toda a expectación e a cantidade de xente que quere colaborar”.

A primeira operación

A través dun impactante vídeo, contaron a historia da primeira operación realizada pola Fundación a unha moza de 23 anos de Perú, que levaba dúas operacións fallidas abertas. Foi a propia Yahaira a que se puxo en contacto coa Fundación a través das redes sociais e a entidade conseguiu traela dende a súa aldea, lonxe da capital, ata o San Rafael, onde lle fixeron unha operación exitosa que salvou a súa vida.

Pouco despois falaron coa propia Yajaira, nunha conversa chea de agradecemento.

Sierra Leona e Libeira, a seguinte parada

A seguinte acción da Fundación será en agosto, en dúas zonas castigadas polo ébola, con grandes carencias de material, como son Sierra Leona e Liberia. “Nos 129 países, incluso Burundii ou Yibuti, atopamos algunha torre de lamparoscopia que podíamos rescatar dalgún hospital privado, pero nestes dous países non hai nada”.

Para iso entregarán en cada país unha torre de lamparoscopia, un equipo de enerxía ultrasónico e un set de ciruxía minimamente invasiva, para ensinarlle aos doutores locais para que poidan operar con vídeo cousas menores.

Será un ciruxano dos Países Baixos o que realice esa operación doble en Sierra leona e Liberia, como explicou dando conta da súa crúa experiencia nestes dous dos países máis pobres do mundo.

O Doutor Diego, rematou o acto agradecemento aos patronos así como as autoridades, e deixou patente o seu cariño á súa vila: “A Coruña universal, dende aquí ao mundo”.

Queremos que sexa un proxecto galego, que saia de Galicia. É o noso proxecto, como galego, como Coruña. Queremos que sexan as empresas líderes as que aporten. Queremos que sexa algo que se consiga en Galicia coa colaboración de empresarios” , indicou o cirurxián que agradeceu enormemente o apoio de todos e facendo referencia á última aportación recibida de Amancio Ortega para financiar a unidade móbil.

A Carreira da Luz

Mañá venres, celébrase a Carreira da Luz do IES Miraflores, que recadará fondos para a entidade.

NOVAS RELACIONADAS

ÚLTIMAS

Nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo para pedir solucións mentres non poidan faenar

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova concentración, ante...

Atopan mortas en menos de media hora a dúas persoas de idade avanzada na Coruña

Dúas persoas de idade avanzada foron localizadas mortas nos seus domicilios en menos de...

A XXIX Carreira Alternativa fomenta este domingo a inclusión con máis de 1000 participantes

A Coruña acollerá este domingo, 28 de abril, a edición número 29 da Carreira...

Publicado un catálogo antolóxico do pintor Cheché Martín, xogador de equipos como o Deportivo e o Barcelona

O Concello da Coruña acolleu este xoves a presentación dun catálogo antolóxico do pintor...

1 COMENTARIO

  1. Me parece ideal esta conferencia dada en la antigua sede principal del Pastor hoy sede del Santander es muy interesante para conseguir .logros para esta magnífica fundación ,liderada .para mi el mejor del mundo por su gran dedicación a la medicina ..cirugía toracica y con sus logros por hacer la cirugia más perfeccionista investigando y probando para hacer ,más fácil por el bien de los enfermos y el único en esta cirugia enseñando la cirugía uniportal ,

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here