InicioSOCIEDADEA plataforma flotante do Parrote non estará lista este verán

A plataforma flotante do Parrote non estará lista este verán

Publicada o

Por editor

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, asinaron o convenio para a execución da estrutura flotante na zona do Parrote, na Coruña, sen fixar prazos concretos para a súa apertura. No entanto, dixeron que o obxectivo é tramitala “coa maior velocidade posible”.

“Esta firma vainos habilitar para licitar xa o proxecto nos próximos días, proximamente”, sinalou Fernández, nun acto con presenza tamén do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo.

O presidente do organismo portuario lembrou que a obra, para dotar a O Parrote dunha plataforma flotante, que albergará unha zona de baño e outra para tomar o sol, conta cun investimento de 3,1 millóns de euros. “200.000 euros que custa o proxecto que paga a Autoridade Portuaria e o resto de financiamento pono a Xunta”, puntualizou.

“TRAMITACIÓN COMPLEXA”

Así mesmo, explicou que foi “unha tramitación complexa” e, en canto a datas, evitou fixar prazos concretos. No entanto, recalcou que o obxectivo é “facer a obra canto antes, cando os trámites legais permítano”. “Imos darlle celeridade”, asegurou e indicou que a previsión é que “a final de xuño principios de xullo o concurso estea resolto”.

Os detalles da obra, segundo sinalou, “definiranos os concursantes”, “principalmente” a estrutura incluirá “unhas bancadas de madeira, plataformas flotantes náutico deportivas, ramplas de acceso e un edificio de complemento”. O presidente da Autoridade Portuaria lembrou que estas actividades marítimas deben ser “compatibles coa explotación marisqueira”.

ATRACCIÓN TURÍSTICA

Ethel Vázquez, pola súa banda, insistiu en que este proxecto é “ilusionante para os coruñeses” e unha atracción turística para a cidade. “Creo que a Xunta é a administración que está a facer máis pola Coruña”, apostilou. Na mesma liña, Diego Calvo, recalcou que esta obra é “para uso do cidadáns pero tamén é un reclamo turístico”. “Queremos abrir a cidade ao mar e utilizar máis nosas rías”, dixo.

ÚLTIMAS

Aberta a Casa dos Xoguetes para fomentar a economía circular por Nadal

Non hai outra época tan consumista como o Nadal. Para intentar calmar conciencias, para...

Prendidas 3 millóns de luces do nadal coruñés

Pablo, Etienne, Hugo e Lorena foron os encargados este ano de prender os máis...

Concello da Coruña e Xunta apelan á fortaleza do audiovisual na XVII edición de ‘Ideas para Producir’

O Concello da Coruña e a Xunta apelaron á fortaleza do audiovisual galego na...

Miranda (BNG) afirma que o final das obras de dragado da ría do Burgo será cando se volva a mariscar

A eurodeputada do BNG Ana Miranda asegurou que o final das obras de dragado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here