InicioCULTURAProxecto Polaroid: A arte de vivir ao instante

Proxecto Polaroid: A arte de vivir ao instante

Publicada o

Por Rosaura Romo Hernández

Na exposición Proxecto Polaroid: Na intersección da arte e a tecnoloxía atópase unha proposta que ofrece a Fundación Barrié sobre o nacemento e a historia da Polaroid, a cámara instantánea.

Instante é a palabra protagonista da visita, porque o que Edwin Line conseguiu co seu invento ten moito que ver cunha das maiores persecucións históricas da humanidade: acelerar o tempo, os procesos, acortar a intersección entre acción e resultado, o aquí e o agora.

A produción instantánea permitiu a expansión da fotografía afeccionada, o descenso da elite ao uso mundano (Swinger en inglés), precisamente a palabra elixida para dar nome ao modelo Swinger Polaroid, que daquela se usaba para interpelar á mocidade máis vangardista. Ademais púxose a venda por un prezo asequible e un deseño en branco que marcou tendencia; non sei se isto che soa familiar, pero parece un dejavu do marketing.

E é que a viaxe pola exposición é un repaso á nosa realidade, un pouco como ver instagram en estilo retro; non pode ser máis tendencia.

E así o marketing sumábase para converter estas fotos de Polaroid de baixa calidade en pezas de museo poñendo de moda o desenfoque, a manipulación, o movemento… cambiando así a historia da arte.

Ademais, para percorrer este camiño contou co mellor dos mestres, xuntándose a ferramenta e o artista, Andy Warhol, o primeiro gran influencer: sacándose selfies, elevando a publicidade á arte, amosando o backstage do famoseo hollywoodiano na súa faciana máis espotánea, con desecuadres, primeiros planos, sobreexposicións…. As máis de 10.000 fotos polaroid que se atoparon na súa casa ben poderían ser o muro da súa rede social. Canto lle pagarían por unha publicación abrindo unha lata de salsa de tomate Campbell’s un día recén levantado?

E así a arte e a foto xuntáronse para converte en único o mundano e facer, e cito e recomendo, unElogio a lo cutre” (Alberto Olmos, Ed. Harpercollins).

  • Rosaura Romo. Licenciada en Historia da Arte e traballadora do terceiro sector.

ÚLTIMAS

A Rede Acampa pola Paz, obrigada a disolver a súa actividade en Galicia

Outro dos fitos dos que se pode loubar o goberno socialista é de acabar...

Monte Alto vive un Alcuentru entre Galicia e Asturias de música tradi

Este sábado, 21 de marzo, o barrio de Monte Alto comparte música tradicional con...

O investigador da UDC Moisés Canle participará nun taller internacional en Lisboa sobre o impacto militar na auga potable

A cidade de Lisboa converterase a próxima semana nun punto de encontro internacional para...

Vetusta Morla regresará á Coruña cun concerto no Coliseum o 7 de novembro

O grupo Vetusta Morla volverá actuar na Coruña o vindeiro 7 de novembro cunha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here