InicioDEPORTESMorre Arsenio, o rei do Deportivo

Morre Arsenio, o rei do Deportivo

Publicada o

Por editor

Arsenio Iglesias, o director de orquestra, o “bruxo”, o “raposo” de Arteixo, o Rei do Deportivo, marchou. Marchou silandeiro, coma unha desas bolas que tanto lle gustaba chutar. Marcha el pero non a súa lenda. Arsenio queda e quedará sempre na Coruña, en Riazor, no Dépor.

El foi o gran artífice dese Superdepor que metía  medo en Europa e en España e que tantas alegrías deu a esta cidade.  E ninguén como el para recoller os froitos dese gran equipo. Unha traxectoria a de Arsenio que non foi nada doada. Era o máis pequeno de nove irmáns, nunha familia de labradores de Arteixo. Na tempada 1951-1952 debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División e xa sorprendeu no seu debu meténdolle un gol a Antoni Ramallets. A lenda conta que Arsenio colleu o balón nas mans e díxolle ao soado porteiro: «perdón, señor».

Tamén foi xogador do Sevilla, do Granada, do Albacete e do Oviedo, onde colgou as botas na tempada 1964-1965 marcando un gol no seu último partido de liga fronte ao Athletic Club. A súa carreira como adestrador comezou cinco anos máis tarde, no Deportivo da Coruña, ao que inmediatamente ascende á Primeira División na tempada do ano 1970. Arsenio tamén adestrou ao Hércules Club e ao Real Zaragoza aos que ascendeu á Primeira División. Tamén adestrou ao Burgos.

De volta ao Deportivo, conseguiu o ascenso da Segunda á Primeira División, así como unha Copa do Rei (1995) e dous subcampeonatos de liga (1993-94, 1994-95). Tamén levou ao equipo a xogar competicións europeas por primeira vez na súa historia. Os seus éxitos no Deportivo levarono a adestrar efímeramente ao Real Madrid en 1996, substituíndo a metade de tempada ao cesado Jorge Valdano.

Arsenio Iglesias con Bebeto / canaldeportivo

No ano 2005 foi nomeado adestrador da Selección de Galicia xunto a Fernando Vázquez, cargo que desenvolveu até 2008. O 6 de marzo de 2020, o concello da Coruña nomeou a Arsenio fillo adoptivo da cidade. O 24 de decembro de 2020, coincidindo co seu 90° aniversario o concello decidiu dedicarlle o seu nome á cidade deportiva da Torre, pasándose a chamar “Cidade Deportiva Arsenio Iglesias”.

Arquivo – Arsenio Igrexas. RC DEPORTIVO – Arquivo

Selección galega

Arsenio Iglesias, formando tándem con Fernando Vázquez, tamén foi seleccionador galego absoluto no ano 2005 naquel partido histórico que a Irmandiña disputou no estadio de San Lázaro ante Uruguay.

 

Un minuto de silencio

A Real Federación Galega de Fútbol, que fai un completo repaso á súa carreira, gardará un minuto de silencio en todos os encontros na súa memoria.

CAPELA ARDENTE

O presidente do Deportivo da Coruña, Antonio Couceiro, confirmou que se están ultimando os preparativos para instalar a capela ardente de Arsenio Iglesias no estadio de Riazor, tras o seu falecemento este venres aos 92 anos.

Sobre a morte do exjugador e exentrenador do club, Couceiro dixo que supón unha “enorme perda para o deportivismo”, á vez que cualificou a Arsenio Iglesias como unha “gran lenda”. “Primeiro como xogador e logo como adestrador, foi que os máis anos estivo á fronte do equipo”. “Terémola sempre presente”, apostilou.

Fíxoo nun día no que foron decenas de deportivistas, algún portando un marco de fotos coa imaxe de Arsenio Iglesias, outros coas camisetas do club, os que se achegaron ata o estadio, formando unha longa cola na contorna de Riazor, ao apuntarse, inicialmente, que esta tarde se instalaría a capela ardente.

Con todo, Couceiro explicou que “por protocolos legais” non sería posible facelo esta tarde e en todo caso non antes das doce da noite. “Estamos a barallar que poida estar aberta a primeira da mañá”, explicou en referencia ao sábado.

Algúns afeccionados que se trasladaron ata o estadio para dar o último adeus a Arsenio Iglesias, coñecido como o ‘bruxo de Arteixo’, expresaron o seu malestar por ese motivo.

Fixérono ao trasladarse inicialmente a noticia de que o ferétro permanecería no estadio coruñés como último acto de despedida ao que foi adestrador do club e nunha xornada na que foron numerosas as mostras de agarimo e de condolencias.

ÚLTIMAS

A veciñanza do Castrillón amosa as súas inquedanzas ante a creación de 1.000 novas vivendas

1.000 novas vivendas supoñen un incremento poboacional importante. Por iso, a veciñanza do Castrillón,...

Mariscadores da ría do Burgo secundan unha nova protesta en demanda de axudas tras o dragado

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo demandaron o pago de axudas mentres non...

Bernardo Fernández, Noemí Díaz e Formoso encabezan os delegados da lista do PSdeG da Coruña ao congreso federal

A Executiva do PSOE da Coruña aprobou na tarde deste venres de forma definitiva a...

Abre na Coruña un Centro de Atención Continuada para persoas en risco de exclusión social

O Concello da Coruña puxo en marcha o Centro de Atención Continuada de Pai...

1 COMENTARIO

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here