InicioCULTURAO Correlingua fixo que centos de @alumn@s botasen a lingua fóra

O Correlingua fixo que centos de @alumn@s botasen a lingua fóra

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Canta falta fan accións coma estas para a lingua non siga perdendo falantes na nosa cidade, para que rapazada vexa o galego como lingua propia, non como unha lingua inútil, irreal, imposta.

A festa do Correlingua congregou a varios centos de estudantes de toda a provincia (participaron moitos centros da Coruña, pero tamén de Oleiros, Cerceda, Laxe, Arteixo, Cambre, Carral, Vimianzo, Laracha…) na contorna da Torre de Hércules. Un gran escenario acollía este evento normalizador co lema “Na casa, na escola, bota a lingua fóra”, ao que a cativada respondeu con alegría e emoción.

O evento, artellado pola Asociación Cultural Correlingua (na que colabora CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega así como varios concellos do país e a deputación), leva dende 2006 sendo unha cita ineludible para ducias de coles de todo o país, comprometidos coa nosa lingua.

A cativada de toda a provincia partiu de Riazor nunha marea estudiantil, á que se foron sumando centros da vila. Xa na Torre disfrutou da forza de atracción da gran Isabel Risco, que cal heroína da terra puxo en valor o poder de termos unha lingua propia.

A sesión fixo entrega do premio á Mellor Faixa realizada por un centro de ensino, unha actividade que fixo que moitos centros ocupasen tempo de estudo en pensar como se pode defender a nosa lingua nun cartace. Foi o alumnado do IES de Cerceda o que levou o prremio co seu Metaverso e o lema “O galego todo o tempo en todas partes”. Para celebralo se gastaron unha versión galaica do Quédate espectacular, que fixo bailar a toda a cativa audiencia.

Mágoa que o evento se fose retrasando, porque a música, un dos grandes focos de atracción que a día de hoxe ten a lingua para a nosa rapazada, tardou en aparecer e moitos centros tiveron que marchar xusto despois da primeira actuación, de Cuarta Xusta.

  

ÚLTIMAS

O Goberno corrixirá os topónimos deturpados da Coruña dun documento tras denuncialo o BNG

O Goberno central corrixirá os topónimos deturpados da Coruña (e Ourense) dun documento cun...

Volve a icónica camiseta verde do Súper Dépor, xa á venda

A empresa láctea Feiraco (integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, a maior cooperativa leiteira de Galicia, con...

A granxa coruñesa Landeira Sociedade cooperativa Galega, terceira mellor a nivel nacional pola calidade xenética dos seus animais

Tres granxas galegas (unha na provincia da Coruña e dúas na de Pontevedra) atópanse...

Trasladan a dous gardas civís e a unha muller tras un incendio nunha casa en Cambre

Dous gardas civís e unha muller á que auxiliaban tiveron que ser trasladados ao...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here