InicioCULTURAA Coruña fúndese con Balboa en clave tradicional para celebrar as Letras...

A Coruña fúndese con Balboa en clave tradicional para celebrar as Letras Galegas

Publicada o

Por editor

O martes 16 de maio, víspera do Día das Letras Galegas, terá lugar a presentación na Coruña do Festival Vibra Balboa, será na Sala Garufa Club coas actuacións dos grupos De Ninghures, Covagueira e as foliadas da man dos do Xalo e Pandeireperras.

O festival Vibra Balboa naceu en 2012 impulsado polos/as integrantes do grupo de música coruñés Chotokoeu que, tras actuar en Balboa, namoraron desta vila do Bierzo e decidiron crear alí un encontro cultural internacional en plena natureza, entre “Pallozas”, ríos e montañas.

Palloza in Balboa, Los Ancares (Leon), Spain
As Pallozas de Balboa, nOs Ancares leoneses, son un tesouro

Para celebrar o seu regreso na que será a 6ª edición, organizan unha festa de presentación coincidindo coas Letras Galegas, nunha noite de folk e música tradicional, propostas pouco habituais nas salas de música coruñesas e que reivindican o seu espazo na escena musical e cultural da cidade.

A partir das 22:00 poderemos desfrutar das actuacións de “De Ninghures” un dos grupos referentes do “novo folk galego” e de Covagueira, grupo nacido na famosa Escola de Gaitas de Ortigueira cunha potente proposta de folk instrumental, ademais, haberá varios momentos para a “foliada” coas agrupacións “Os do Xalo” e “Pandeireperras”, que aseguran unha noite chea de bailes e festa, nunha das emblemáticas salas de música da Coruña.

ÚLTIMAS

A bordo da memoria: o Elcano rende tributo á travesía esquecida de 1525 desde A Coruña ás illas Molucas

A saída de Ferrol do buque escola Juan Sebastián de Elcano, prevista para este...

Incendio nunha vivenda na rúa das Camelias da Coruña

Un total de tres persoas foron trasladadas en ambulancia ao CHUAC tras rexistrarse un...

Inés Rey sobre Feijóo: “non ten nada que achegar á cidadanía”

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, sinalou que o líder do Partido...

Convocados paros parciais na cociña do Hospital Quirón da Coruña o martes e mércores “contra os recortes”

O sindicato Unión Xeral de Traballadores Servizos Públicos (UGT-SP) anunciou unha convocatoria de paros...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here