InicioMOV. SOCIAISOs (ex)traballadores de Alu Ibérica paralizaron Juan Flórez

Os (ex)traballadores de Alu Ibérica paralizaron Juan Flórez

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Volveron a rúa os traballadores desempregados de Aluibérica. Porque eles non se consideran extraballadores do metal, queren volver aos seus postos de traballo na industria do país.

Levan anos de piquetes na fábrica da antiga Alcoa, e meses de loita nas rúas dende o seu peche. Xa o pasado 1 de maio lideraron a manifestación do Día do Traballador e este xoves 11 de maio paralizaron a rúa Juan Flórez.

Foi no marco das concentracións convocadas polo último Comité de Empresa, liderado por CCOO, que esixe unha solución industrial á situación da histórica fábrica de aluminio que foi vilipendiada por empresas e fondos de investimento, e esquecida polas administracións. Ducias de promesas teñen recibido de todas as cores políticas, pero ao final, todas se perden no vento.

Agora volven á rúa porque o Fondo de Garantía Salarial (FOGASA) ten anunciado que vai afrontar o pago das indemnizacións do persoal (as mínimas legais, 20 días por ano traballado), pero para eles non é unha boa nova, porque supón o recoñecemento da sentenza de morte das fábricas e consideran ao Goberno Central e á Xunta cómplices deste desconcerto. Por iso piden “recolocacións”, como sinala o expresidente do último de empresa, Juan Carlos López Corbacho, ademais de buscar “unha solución industrial á fábrica”.

Por detrás, ademais de 30 anos de industria metaleira, queda un progresivo desmantelamento da fábrica, despedimentos, prexubilacións, vendas segredas feitas en fraude, e un ano de mentiras das administracións.

ÚLTIMAS

“Foliada”, a nova APP para consultar e compartir cantigas galegas

Xa coñecemos as aplicacións ”Breogán” e ”Carmucha”. Ferramentas dixitais que espallan a nosa música...

Mar de Fábula e persoas privadas de liberdade do CIS constatan o regular estado de saúde do Areal da Torre

A pasada semana, o areal da Torre acolleu a quinta acción ambiental deste ano...

Atopan morto a un home no seu domicilio na Coruña

Un home foi atopado morto este domingo no seu domicilio da Coruña. O home...

A Coruña acollerá en maio a primeira escala en Europa da regata do centenario do Juan Sebastián Elcano

A Coruña será a primeira escala europea da regata do centenario do Juan Sebastián...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here