InicioBARRIOSSegundo, o barbeiro solidario

Segundo, o barbeiro solidario

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Mentres me corta o pelo e facemos a entrevista, debería estar en México recollendo un premio internacional. E mira que ten ido por toda a península e por toda europa a recoller premios (o último a nivel europeo hai apenas 5 anos), e a ducias de congresos representando a unha marca comercial. Pero México se cadra queda fóra do circuito, polo que Segundo Mallo prefire quedar en Monte Alto e agradecer dende a distancia esta distinción.

Non é por medo, dende logo. “Unhas tesouras poden ter fío de ouro ou de aceiro; poden ser xaponesas ou alemás, pero seguen sendo unhas tesouras”, deixa claro. Ademais, “as canas” (pola experiencia), “dan moita tranquilidade para estas cousas”, explica deixando claro que non lle ten medo ás novas aventuras internacionais.

Segundo Mallo leva dende o 90 na pequena perruquería sita no 11-13 da Rúa Hércules, no corazón do barrio de Monte Alto. Pero seu pai xa era perruqueiro na zona dende 1958, e fundou a marca en 1970, cando regresou de Francia. Segundo, o fillo, xa comezou a cortar o pelo na perruquería do pai aos 14 anos; aos 16 marchou como voluntario a facer a mili, como perruqueiro, e a partir de aí xa non deixou as tesouras.

Ten cortado o pelo a medio barrio e escoitalo coller o teléfono e ir preparando a axenda da semana mete medo. Recoñece que choio non lle falta, e niso, a conversa é case tan importante como o corte. E nas dúas Segundo é un bo especialista.

Barbería Solidaria Asociación de Esclerosis Múltiple

Mentres falamos tamén cadra algunha chamada preguntando pola V edición da Barbería Solidaria, ese evento que barbeir@s de todo o estado recuperan este vindeiro 17 de xuño, despois de anos sen facela pola pandemia, para axudar á Asociación de Esclerosis Múltiple.

Máis de 100 perruqueiros de todo o estado (35 herculinos pero tamén de Valladolid, Córdoba, Asturias… que veñen pagando a súa estancia por colaborar e por pasar unha fin de semana de confraternización con compañeir@s de profesión) xa teñen comprometida á súa presenza.

Nas edicións anteriores conseguiron xuntar entre 2.500 e 3.000€, que nunca lle sobran a unha asociación como esta.

”O caso é axudar e visibilizar a problemática”, conta. “Eu mesmo nin a coñecía, tiven que mirar por internet despois de coñecer por casualidade a unha chica que a padecía”, recoñece. Segundo xa mirara polas redes eventos solidarios do seu sector e tiña gañas de armar un. Así que se decidiu a facelo.

Agora, a Asociación fai rtodas as xestións burrocráticas (relacións co Concello, cos patrocinadores…) mentres el se encarga de conseguir os profesionais que poñen a súa arte e o seu tempo ao servizo dunha acción solidaria.

Este vindeiro 17 de xuño, temos cita no Obelisco.

Podedes seguir a Segundo no IG

ÚLTIMAS

O festival Mar de Mares converterá A Coruña en xuño na “capital mundial dos océanos”

O festival Mar de Mares converterá á cidade da Coruña en xuño na "capital...

A unidade móbil quirúrxica da Fundación Diego González Rivas, única no mundo, xa é unha realidade

Era un soño hai apenas un ano cando a Fundación Diego González Rivas presentaba...

Preguntan polo estado dos proxectos das Bibliotecas de Novo Mesoiro e Palavea

No marco do falso proceso de unificación, a Rede de Bibliotecas tiñan como obxectivo...

Efectivos policiais desprázanse á Ronda de Nelle na Coruña por unha falsa alarma en relación a unha arma

Efectivos policiais desprazáronse este xoves á zona da Rolda de Nelle, na Coruña, por...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here