InicioSUCESOSSeis detidos por estafar a anciáns con produtos de supostas propiedades curativas

Seis detidos por estafar a anciáns con produtos de supostas propiedades curativas

Publicada o

Por editor

A Garda Civil de Arteixo detivo a seis responsables de empresas dedicadas á venda de artigos a domicilio con sede en Sada, Culleredo e Pontevedra, como presuntos autores dun delito de estafa continuada por vender “a prezos desorbitados” ou con supostas propiedades curativas. A cantidade estafada ascende a 125.000 euros.

Segundo trasladou o Instituto Armado, a investigación iniciouse no ano 2020 tras ter coñecemento os axentes dunha posible estafa mediante a venda de produtos a domicilio (colchóns, libros, electrodomésticos, enciclopedias ou produtos de saúde) “a prezos desorbitados ou garantindo propiedades curativas máis que cuestionables”.

Así, no transcurso desta investigación os efectivos actuantes pescudaron que estas empresas aproveitaban a vulnerabilidade das vítimas para enganalas na contía dos artigos, os pagos en man ou en conta e a duración dos financiamentos, obtendo moitas veces as firmas para os financiamentos mediante a presentación dun falso albarán de recepción de agasallos sen custo por ser bos clientes.

Deste xeito, lograron a identificación plena dos presuntos autores do ilícito e esclarecemento de 12 feitos de estafa. A Garda Civil procedeu á detención destas seis persoas como presuntos autores dun delito de estafa continuada. As actuacións realizadas foron postas a disposición do Xulgado de Instrución Nº6 da Coruña.

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide a máxima pena para os acusados polo crime de Samuel Luiz

A Fiscalía Provincial da Coruña, na súa Sección de Delitos de Odio e Discriminación,...

As Festas de Monte Alto reivindicaron o papel social das cidades

Reindicativas as Festas deste mes de outubro de Monte Alto. Esa especie de praza...

Rescatado un home que caeu nunha silveira en Oleiros

Os servizos de emerxencias tamén tiveron coñecemento dun home que caeu nunha toxeira nunha zona...

Pasea polo medio de Cambre cun machete de 45 centímetros de folla

AA Policía Local de Cambre denunciou a un mozo que paseaba pola contorna do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here