InicioOPINIÓNO verán e os libros (e os libros de verán)

O verán e os libros (e os libros de verán)

Publicada o

Por Beatriz Alfonso Espiñeira

A todo o mundo gústalle o verán. Os días son máis longos, a xente está máis guapa e leda, as amigas están máis dispostas a saír e tomar algo, a túa pel morena sobre a area e nas túas mans un bo libro, ou regular pero divertido, tanto ten, estamos en verán.

Si xa o verán é bo intrínsecamente, e o feito de ler mellora o verán, imaxinade ler en verán un libro sobre o verán, e perdoade o galimatías.

Os libros sobre o verán dos que falo han de ser lixeiros e luminosos. Non valen dramas, non valen thrillers nin misterios, non valen cozy mysteries (estes non valen en ningunha estación, declároos prohibidos dende xa).

Son libros que te deixan cun sorriso parvo na faciana, cun soño agradable na toalla, e se o estío se presenta esquivo como por estes lares coruñeses, estos libros tráenche o calor ó teu fogar ou á túa cafetería favorita.

Un destes libros é “Helena e o mar do verán” de Julián Ayesta. Podedes lelo dunha sentada ou dunha tumbada porque é moi cortiño. É area e salitre no corpo e nos beizos, é o primeiro amor e os primeiros bicos, a tortilla de patata baixo o parasol, o corpo da amada e a mente do amante. Tedes que lelo, é precioso.

Outro é “Os felices días do verán” de Fulco di Verdura. Verano, Sicilia antes da primeira guerra mundial. Memorias da nenez do autor, recordos da súa aristocática, e en ocasións extravagante, familia. O verán dos ricos moi ricos, narrado con nostalxia e dozura.

Como non leremos “O belo verán” de Cesare Pavese. Os italianos escriben ben sobre a época estival. Tamén de Pavese temos “A praia” e “Conto de agosto”. Non os recordo vividamente porque os lin fai máis de vinte anos, pero os seus títulos os delatan.

Denton Welch é un dos meus escritores fetiche, coñecémolo unhas cinco persoas, morreu ós trinta e tres anos e coido que escribiu uns tres libros. En “Primeira viaxe” o autor adolescente vai dende a sombría Inglaterra ata Shanghai, a anticipación, a ilusión e a transformación se suceden. “Na xuventude está o pracer” tamén nos vale. O seu último libro “Unha voz a través dunha nube” mellor o deixades para inverno porque é enfermidade e morte (vade retro na nosa lista).

Para viaxar á Grecia dos arredores de Atenas, podemos ler “Tres veráns”, de Margarita Liberaki, quen nos narra o paso da infancia á xuventude de tres irmás, que viven as súas feminidades cada unha a súa maneira, entre olivos, praias e unha calor abafante.

Quedamos en Grecia (e Italia) cos libros de viaxes de María Belmonte “En terras de Dioniso” e “Peregriños da beleza”, nos que mestura dun xeito entretenidísimo os seus periplos e os de personaxes e autores ilustres por estes países. Se despois de lelos non queres visitar as paisaxes e pobos que describe, é que non tes alma.

E para rematar quero contarvos que onte mesmo rematei “A Odisea” de Homero, e teñoque decir que é moi longo pero lixeiro de ler, polo menos na traducción da traducción de Samuel Butler (que me perdoen os puristas). Ulises para aquí, Ulises para alá, os cíclopes, as sereas, a pobre Penélope chora que te chora… un bo tocho para meter namochila este xulio e vos pode durar ata agosto.

Mañá mesmo marcho a Portugal. O meu libro para esta viaxe é “Gozo” de Azahara Alonso, sobre a pracer de non facer nada, apropiado, non si?. Feliz verán e felices lecturas.

  • Beatriz Alfonso. Xurista, iogui en grao de tentativa e lectora apaixoada.

MÁIS ARTIGOS DE BEATRIZ ALFONSO

ÚLTIMAS

Oza celebra as Festas da Memoria

”Memoria Emocional. Construíndo a memoria de Oza” é o novo proxecto da A.VV. Oza-Gaiteira-Os...

A veciñanza do Castrillón amosa as súas inquedanzas ante a creación de 1.000 novas vivendas

1.000 novas vivendas supoñen un incremento poboacional importante. Por iso, a veciñanza do Castrillón,...

Mariscadores da ría do Burgo secundan unha nova protesta en demanda de axudas tras o dragado

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo demandaron o pago de axudas mentres non...

Bernardo Fernández, Noemí Díaz e Formoso encabezan os delegados da lista do PSdeG da Coruña ao congreso federal

A Executiva do PSOE da Coruña aprobou na tarde deste venres de forma definitiva a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here