InicioCAMBREO Concello de Cambre inicia o derrubo do edificio dos Campóns, erguido...

O Concello de Cambre inicia o derrubo do edificio dos Campóns, erguido ilegalmente en 1995

Publicada o

Por editor

O Concello de Cambre iniciou esta mañá os traballos de demolición dun edificio sen rematar nos Campóns (Sigrás). Trátase dun edificio de vivendas plurifamiliares de planta baixa máis tres plantas que se construíu no ano 1995. Tres anos despois paralizouse a construción por incumprir a normativa urbanística e tamén por carecer da correspondente licenza. A execución do proxecto adxudicouse por 112.429 euros.

O alcalde en funcións, Juan González Leirós, explica que este edificio “vulnera a tipoloxía de vivenda e a altura máxima permitida, polo que é necesario derrubar a estrutura, que non se pode legalizar. Precisamente pola imposibilidade de legalizar a construción non se pode destinar a vivenda social, como nos propuxeron algúns veciños no seu momento”.

O inmoble sitúase en terreos clasificados como urbanos de núcleo rural, incumprindo os seguintes parámetros: tipoloxía, parcela mínima, edificabilidade, ocupación, altura máxima -neste caso, a altura máxima sería de planta baixa máis unha planta-, distancia dun vía pública, non tendo executada, ademais, a urbanización da cesión parte da parcela.

Con esta operación, o goberno local busca pór fin á política do “ti vai facendo”, actuando e reafirmando o seu compromiso “con disciplina urbanística e con expedientes que quedaron esquecidos por mandatos anteriores”, sinala González Leirós, quen tamén subliñou que con esta actuación “Defendemos unha vella reivindicación da Asociación Veciñal de Sigrás”.

O Concello requiriu, en marzo de 2018, ao propietario do inmoble a presentación dun proxecto de demolición. Na dita resolución concedeuse o prazo dun mes para o inicio do proxecto e de cinco meses para a poxa das obras. Transcorrido este prazo, o Consello acordou, en outubro de 2018, retomar os trámites para a execución subsidiaria destas tarefas.

As intervencións suporán a demolición e a retirada dos entullos resultantes. Ademais, deixarase a parcela acorde co rasante preexistente e protexeranse os elementos públicos que poidan verse afectados pola realización destas obras.

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here