InicioSUCESOSUn falecido e dous feridos tras envorcar unha embarcación na praia de...

Un falecido e dous feridos tras envorcar unha embarcación na praia de Suevos, en Arteixo

Publicada o

Por Un falecido e dous feridos tras envorcar unha embarcación na praia de Suevos, en Arteixo

A primeira hora da tarde deste venres foi localizada en Arteixo unha embarcación envorcada na que presuntamente viaxaban tres persoas, das cales nun primeiro momento só foi atopada unha e trasladada ao hospital de referencia con síntomas de hipotermia.

Finalmente localizáronse aos outros dous viaxeiros. Un deles trasladado tamén ao centro hospitalario e o outro, de avanzada idade, xa rescatado sen vida do mar. O corpo sen vida deste home, de idade avanzada, foi recuperado pola embarcación Salvamar Betelgeuse de Salvamento Marítimo, que tamén mobilizou medios aereos.

O suceso, segundo informan a este medio fontes de Protección Civil, tivo lugar na praia de Suevos, situada entre Arteixo e A Coruña, ao redor das 14.45 horas e na busca participan Salvamento Marítimo, Gardacostas, Protección Civil de Arteixo, Policía Local de Arteixo, Garda Civil e Policía Local da Coruña, así como mergulladores da cidade herculina.

O operativo arrincou pouco despois de ser avistado un barco de pequeno tamaño boca abaixo entre o porto de Punta Langosteira e o monte de San Pedro. Segundo fontes de Salvamento Marítimo consultadas por Europa Press, un barco pesqueiro que se atopaba na zona rescatou ao primeiro dos tripulantes localizados, que foi evacuado con síntomas de hipotermia ao porto de Suevos, no municipio coruñés de Arteixo.

O segundo dos rescatados foi sacado da auga e levado de urxencia ao aeroporto de Alvedro polo helicóptero Helimer 401. Finalmente foi localizado pola embarcación de Salvamento o terceiro dos tripulantes da embarcación, cuxo cadáver foi trasladado ao peirao de Oza. Estas fontes apuntan que a zona presentaba boas condicións meteorolóxicas no momento no que se produciu o incidente.

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de Normalización Lingüística

O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización...

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...

Música tradicional, obradoiros, baile e folck na tradicional Romaría de Santa Margarita

A Romaría de Santa Margarita pechará este fin de semana a programación das Festas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here