InicioBARRIOSA comunidade escolar do CEIP Curros Enríquez lamenta o retraso nas obras

A comunidade escolar do CEIP Curros Enríquez lamenta o retraso nas obras

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Arrincou o curso escolar 2023-2024, con ledicia, pero tamén con cabreo nalgúns centros de ensino. É o caso do CEIP Curros Enríquez, onde as obras de renovación (responsabilidade da Xunta) do tellado e da fachada están a provocar importancias incidencias no desenvolvento da actividade. Unhas obras que segundo a licitación deberían ter estado rematadas antes do inicio de curso, pero que a día de hoxe están nun baixo grao de execución.

Dende a ANPA lamentan o retraso das obras, paralizadas durante boa parte do verán, e cren que o tellado podería estar a un 50% pero que a fachada pode que non chegue a 10% no seu grao de execución. Ademais da problemática cos andamios, todo o material ocupa máis da metade do patio.

Dende a ANPA destacan que, “por sorte, a dirección do centro están poñendo todo da súa parte para que o trastorno as familias e aos nenos e nenas sexa o menor posible”. “Gracias á Dirección do centro está conseguindo reorganizarse aulas, pero non foi necesario agrupar varios grupos nunha aula”, sinalan, agradecendo que gracias á coordinación coas familias a través da aplicación Abalar (por exemplo os peques de Educación Infantil entrasen ás 9:10h) non houbo incidencias na entrada do primeiro día.

Destacan igualmente que a empresa destacou que por seguridade non se ían realizar obras mentres haia nenos no cole, polo que se preguntan, se saen en setembro ás 16:00h e a partir de outubro ás 18:00h, cando se van a desenvolver.

ÚLTIMAS

A Torre de Hércules entra dentro dos centros musísticos da Xunta

O Consello da Xunta autorizou integrar o Centro de Interpretación da Torre de Hércules...

O autor dun roubo con violencia fere a tres axentes da Policía Nacional

Tres axentes da Policía Nacional resultaron feridos na Coruña na madrugada do luns mentres...

O Palacio da Ópera acollerá o 40 aniversario de Duncan Dhu

A banda de rock Duncan Dhu, composta por Mikel Erentxu, Ruben Caballero, Mikel Azpiroz,...

O Concello esixirá a 15 concesionarias que salden as súas débedas antes de xaneiro de 2026

O Concello da Coruña esixirá a 15 concesionarias que salden as súas débedas coa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here