InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOComeza a instalación do novo proxector do planetario da Casa das Ciencias

Comeza a instalación do novo proxector do planetario da Casa das Ciencias

Publicada o

Por editor

A partir de hoxe, luns 11 de setembro, e durante as vindeiras 3 semanas, o planetario da Casa das Ciencias permanecerá pechado para realizar a renovación do seu sistema de proxección dixital tras a adquisición dun modelo de última xeración.

Cun investimento de 214.000 euros procederase sustitución dun equipo que este ano cumpre 14 anos dende a súa instalación. O novo sistema aproveitará a mellora na potencia dos ordenadores e as tecnoloxías de proxección para ofrecer unha experiencia inmersiva de calidade moi superior á do sistema ao que substitúe.

O novo sistema contará con proxectores de tecnoloxía LED e o software Digistar 7, desenvolvido pola empresa Evans&Sutherland, o que proporcionará unha experiencia con maior resolución e imaxes máis reais para trasladar aos usuarios e usuarias a outros planetas
ou viaxar pola Vía Láctea e o resto do universo.

Así e todo, manterase o emblemático proxector analóxico de estrelas Zeiss, que convivirá co novo sistema e complementarao nalgunhas sesións. Quen primeiro estreará o renovado planetario serán o alumnado escolar do curso 2023/24, un público que o curso anterior superou a cifra de 30.000 persoas, e que a partir de outubro descubrirá a noite estrelada como nunca ata o de agora.

O resto do museo pódese visitar con normalidade todos os días en horario de 10.00 a 19.00 horas.

ÚLTIMAS

O centro da Coruña, totalmente limpo, mentres que Os Rosales-Labañou a recollida é do 5%

O lixo acumulado nas rúas da Coruña diminúe nunha nova xornada con colectores incendiados en...

Xa temos cartel do Festival Noroeste 2024

Este venres preséntase o programa completo da 37ª edición do Festival Noroeste. Como sempre,...

Así está a porcentaxe de limpeza do teu barrio

A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta fixo onte balance estado actual da...

A empresa Valoriza xa comeza a realizar a recollida do lixo

O Concello contrataba na tarde de onte á empresa Valoriza a recollida de lixo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here