InicioCULTURAO Fanzine Fest dará a coñecer a súa nova programación cunha festa...

O Fanzine Fest dará a coñecer a súa nova programación cunha festa na Fundación Luis Seoane

Publicada o

Por editor

A Fundación Luis Seoane da Coruña acolle este venres 15 de setembro a festa de presentación da nova edición do Fanzine Fest, o festival de música electrónica de vangarda líder no noroeste e que será celebrada do 4 ao 9 de decembro de 2023.

Seguindo na liña de ofrecer un achegamento ao universo da música electrónica a través dunha unha visión heteroxénea e vangarda musical actual, no acto do día 15, que comezará ás 18.00 horas, os directores do festival, Pablo Cubeiro e Roi Grobas, darán a coñecer os detalles da programación da novena edición do Fanzine Fest. Ao remate da súa intervención comezará unha festa que se prolongará ata a 01:00 horas e que contará cun cabeza de cartel de excepción: o alemán Anthony Rother.
Con el, o mexicano Alejandro Franco e os galegos Elektrogencia, R0b0t City e Roi completarán o cartel dunha sesión que celebrará o anuncio do Fanzine Fest 2023 como se merece: bailar.

O festival naceu en 2015 da man de Fanzine Project -promotor, selo discográfico e escola- para promover a accesibilidade, o coñecemento e a expansión da música electrónica na Coruña.

ÚLTIMAS

A Fiscalía pide a máxima pena para os acusados polo crime de Samuel Luiz

A Fiscalía Provincial da Coruña, na súa Sección de Delitos de Odio e Discriminación,...

As Festas de Monte Alto reivindicaron o papel social das cidades

Reindicativas as Festas deste mes de outubro de Monte Alto. Esa especie de praza...

Rescatado un home que caeu nunha silveira en Oleiros

Os servizos de emerxencias tamén tiveron coñecemento dun home que caeu nunha toxeira nunha zona...

Pasea polo medio de Cambre cun machete de 45 centímetros de folla

AA Policía Local de Cambre denunciou a un mozo que paseaba pola contorna do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here