InicioSOCIEDADEA Ruta da Enfermaría fai parada na Coruña para visibilizar “a paixón...

A Ruta da Enfermaría fai parada na Coruña para visibilizar “a paixón polo coidado, a saúde e o apoio”

Publicada o

Por editor

O tráiler da Ruta da Enfermaría, do Consello Xeral de Enfermaría e do Colexio Oficial de Enfermaría da provincia, xa está aparcado no aparcamento do pavillón de Riazor. Despedirase da vidade este venres, cunha xornada de portas abertas, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e un completo programa e charlas.

Os visitantes poderán acceder de forma gratuíta ao interior do remolque e realizar unhas probas de saúde, supervisadas polas enfermeiras, Marta García e María Escobar, como espirometría, índice nocello-brazo e análise de hemoglobina. Tamén hai un espazo dedicado á detección do risco de sufrir un ictus, grazas á colaboración do Consello Xeral de Enfermaría e Pulso Vital.

A presidenta do Colexio, Inés López Carral, asegurou este xoves no seu discurso de benvida que “a enfermería é máis que unha profesión. É unha vocación, unha paixón polo coidado, a saúde e o apoio. Somos o corazón e as mans da sanidade española e queremos que a Ruta da Enfermaría e o seu lema Coidámoste toda a vida sirva para que nos axude a ser máis coñecidos e valorados máis”.

Charlas Trailer Enfermaria Coruna

O tráiler continuará camiño de Santiago, onde será o luns e o martes.

 

Máis novas

As Enfermeiras do CHUAC esixen melloras na contratación

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here